Pedro Sánchez di meditar a súa dimisión ante o "acoso" á súa muller
O presidente anuncia que o luns dará a coñecer a súa decisión nunha comparecencia pública
O presidente anuncia que o luns dará a coñecer a súa decisión nunha comparecencia pública
Apenas unha de cada dez prazas en residencias da terceira idade son ofrecidas por centros con titularidade e xestión pública, segundo o censo que vén de publicar o Imserso. O 45% de prazas están en centros máis grandes do permitido no novo modelo estatal de residencias e apenas catro de cada dez cuartos son individuais
A Comisión Europea envía unha segunda carta de emprazamento ao Estado dentro do procedemento de infracción que abriu en setembro de 2021
Pedro Sánchez di meditar a súa dimisión ante o "acoso" á súa muller, á que un xulgado vén de abrir dilixencias previas por suposta corrupción tras unha denuncia da organización ultradereitista Manos Limpias. "Cancelarei a miña axenda pública uns días para poder reflexionar e decidir que camiño tomar", di nunha carta aberta á cidadanía. Na imaxe, de Pool Moncloa/Fernando Calvo, Sánchez coa súa muller, Begoña Gómez.
A Plataforma Ulloa Viva convoca a primeira manifestación contra Altri. Será o 26 de maio en Palas de Rei. A entidade agradece o apoio amosado nas últimas semanas por cidadanía e entidades sociais de toda Galicia e convoca á poboación a rexeitar o proxecto na propia comarca.
O 30% das prazas de formación en medicina familiar e comunitaria ofertadas na quenda ordinaria quedaron sen cubrir. As áreas de Lugo, Ourense e Ferrol son as máis prexudicadas polas prazas vacantes. O pasado ano quedaran 39 baleiras, o 20% das ofertadas, e na segunda volta só se cubriran 6
Besteiro pide ao presidente que aclare o grao de apoio político do Goberno galego ao proxecto previsto en Palas: "Din vostedes que é privado pero aspira a ter axudas públicas"
O tribunal desestima 70 das 72 impugnacións que realizara o Executivo de Pedro Sánchez e só rexeita que se poidan emprazar depuradoras na costa e o intento da Xunta de privilexiar os barcos pesqueiros galegos
O Defensor del Pueblo xa acreditara o "grave incumprimento" dos prazos na xestión do Bono Alugueiro Mocidade, con demoras superiores a un ano tras estipular a Xunta que resolverá nun máximo de 3 meses. Neste abril de 2024 a Xunta certificou oficialmente no DOG que esgotou os 23 millóns que lle transferira o Estado para sufragar estas axudas, convocadas en xuño de 2022
O TSXG admitiu a trámite a reclamación e defende as súas paralizacións cautelares de proxectos, criticadas por patronal e Goberno galego, como "mal menor" fronte a posteriores indemnizacións se as obras se inician e son despois anuladas
O período de adaptación en infantil será dun máximo de 5 días e o Día do Ensino, non lectivo, fíxase o 31 de outubro, xoves, unido ao festivo do 1 de novembro
'+Cuñados' chega esta fin de semana ás salas de cinema como a maior estrea comercial dun filme en Galicia na historia recente. A guionista Araceli Gonda e os actores Federico Pérez e Iolanda Muíños comparten con Praza os detalles desta segunda parte de 'Cuñados', producida pola coruñesa Portocabo
A Semente e o Concello da Coruña homenaxean como "exemplo de galeguización educativa, renovación pedagóxica e laicidade" as escolas impulsadas polas Irmandades da Fala ás portas da que foi a súa primeira sede, na praza de María Pita. No acto a alcaldesa, Inés Rey, reivindica "o carácter galeguista" da cidade: "Como urbe sempre aberta, foi berce do máis fondo e verdadeiro galeguismo"
"Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos
Ao ascenso do Dépor á máxima categoría do fútbol feminino poden unirse as promocións do equipo masculino á Segunda división ou do Básquet Coruña á ACB. Pero, ademais, o HC Coruña participa na final four da Champions do hóckey feminino, as xogadoras do CRAT optan a gañar a liga de rugby e tamén o Maristas, o Zalaeta ou o OAR poden conseguir ascensos en baloncesto, voleibol ou balonmán.
O 21 de setembro de 2004 o Parlamento aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que incluía 445 medidas correctoras que a Xunta se comprometía a levar a cabo e que a plataforma denuncia que "non só non se desenvolveron, senón que sufriron importantes retrocesos".
Esta semana nas redes sociais da TVG apareceron unhas publicacións que espertaron a incredulidade de moitas persoas ao falar dunha suposta aplicación chamada ‘Rent-a-pal’, que poderiamos traducir como ‘Aluga un amigo’. Pero de que se trata todo isto? A responsable é a creadora audiovisual Irene Pin, que nos propón reflexionar sobre como nos relacionamos na sociedade actual. Rent-a-pal é unha webserie producida por Aqueladas para a Televisión de Galicia que xa se pode ver na plataforma de contidos dixitais AGalega
Este ano das Letras a conexión das autoras coa poboación máis nova permite achegar a súa obra con outros enfoques, buscando o interese desde as experiencias compartidas e as referencias máis recoñecibles. As múltiples faces de Luísa Villalta como artista, da música á poesía, do ensaio ao teatro, da ensinanza ao activismo social e político deron ao prelo tres obras deliciosas para o público infantil e xuvenil, pero non só. Estes libros serven de ponte para chegar a outras publicacións e para seguir afondando na obra da que foi 'Señora das Letras' en 2022 e agora volvemos celebrar no Día das Letras Galegas promovido pola Real Academia Galega
Eva Veiga recibe este sábado o premio de Honra Fernando Rey na Gala de entrega dos premios Mestre Mateo. A Academia do Audiovisual destaca que a poeta "forma parte dunha xeración pioneira que fixo posible unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade de varias xeracións de galegas e galegos"
The Rapants, que son Xanma, Xaquín, Samuel e Matías, levan uns meses que probablemente non contaban nin eles, pero ás veces o traballo dá os seus froitos e quen sabe o que ten que pasar para que unhas cancións cheguen á xente con tanta forza. Sexa o que sexa, co seu terceiro álbum, La máquina del buen rollo, os de Muros deron na tecla axeitada: nove cancións que a xente da súa xeración (e a das máis veteranas) quere cantar e bailar sen parar.
Unha ducia de voluntarias e voluntarios comparte con Praza.gal como chega ao seu 40 aniversario no contexto actual. Non ter unha vivenda en propiedade ou o coidado dos pais e nais que ven vir preocupa moito a estas persoas, que na súa maioría vive de alugueiro. O ritmo biolóxico non descansa e a maternidade afecta principalmente as mulleres en 2024, aínda que compartan os fillos coas súas parellas. De equilibrios para chegar a fin de mes a unha deriva de consumo masivo, así están as que naceron en 1984