A Xunta prevé convocar 2.064 prazas nas oposicións de educación en 2019

Unha docente imparte clase nun instituto galego Dominio Público IES da Cañiza

Os sindicatos do ensino teñen xa sobre a mesa a proposta da Xunta para as oposicións educativas do 2019. Segundo os datos feitos públicos este martes pola Xunta os plans da Consellería pasan por convocar 2.064 prazas en 35 especialidades. O Goberno galego subliña como novidade a oferta de prazas para docentes de Portugués na ESO, o que encadra no "compromiso da Xunta no desenvolvemento da Lei Paz-Andrade". Así se distribúe a proposta de prazas formulada por Educación.

O sindicato maioritario no sector, a CIG-Ensino, lamenta que a proposta de OPE para 2019 chega sen "negociar coas organizacións sindicais cales deben ser os criterios para decidir que especialidades docentes" debe contemplar. "Tampouco puxo en común -lamenta- os datos que empregou para determinar o número de prazas por especialidade". Ao tempo, o sindicato teme que os resultados finais volvan acreditar que a Xunta volve "inchar" as cifras das oposicións para falar dunha oferta pública de emprego "histórica" na educación galega.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.