O 90% da poboación de Vigo e A Coruña xa goza das vantaxes da 'cidade dos 15 minutos', por riba da media do Estado
Trátase dun obxectivo tan básico como que a cidadanía teña a maior parte dos servizos esenciais: sanidade, ensino, espazos comerciais e de ocio... a menos de 15 minutos a pé ou en bicicleta do seu fogar. Un estudo de City Access Map indica que o 92% da poboación da Coruña e o 89% da de Vigo ten acceso a estes servizos de proximidade, fronte a unha media do 80% no conxunto do Estado