Como se financia?

A Fundación Praza Pública é, de seu, unha entidade sen ánimo de lucro, e a súa actividade fundamental é a edición de Praza.gal. O principal destino das cotas das socias e socios de Praza.gal e das achegas das empresas e institucións que nos elixen como soporte para a súa publicidade é o pagamento dos salarios da redacción e mais dos e das xornalistas que colaboran eventualmente co xornal. Tamén contribúen a sufragar o mantemento técnico da web.

Podes informarte sobre como te faceres de Praza aquí e a respecto da inserción de publicidade, aquí.