Axouxeregames.com presenta o seu segundo videoxogo para Android

Captura de pantalla do xogo © Axouxeregames.com

A empresa galega lanza Shuriken Training, que sucede a Trap Ball Edición Billar, dispoñible para Android, PC e nos vindeiros meses tamén en Xbox 360. O xogo xa se pode descargar de balde en Google Play

A particularidade de Shuriken Training é que os movementos se realizan movendo o propio móbil ou tablet, para localizar os inimigos -ninjas- e poder lanzarlles unha estrela, que se activa deslizando o dedo pola pantalla. Hai cen niveis distintos, en varios escenarios, que permiten recuperar vidas rompendo xarróns, e nos que ademais de evitar ser atacado polos ninjas, hai que intentar non danar as geishas.

Axouxeregames.com é un estudio de creación de videoxogos aberto recentemente e impulsado por Adrián Rodríguez e Antonio Gundín.

Captura de pantalla do xogo © Axouxeregames.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.