Lugo acollerá o I Congreso de Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía

Cartaz do congreso CC-BY Igaciencia

Igaciencia organiza, coa colaboración do Concello de Lugo, para os vindeiros días 2 e 3 de xullo o I Congreso de Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía, enmarcado no ano galego da Tecnoloxía. Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia. A día de hoxe hai xa 90 inscritos co que están esgotadas as 75 prazas de participación no congreso, limitadas polo número de ordenadores dispoñibles, polo que calquera nova inscrición será incluída nunha lista de agarda ante posibles baixas.

Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia

Os participantes no congreso recibirán información teórica e práctica, impartida por poñentes de recoñecida experiencia no ámbito do software libre e na súa aplicación á educación. O programa provisional é o seguinte:

2 de xullo
10:00 -11:00 O silencioso dominio do Software Libre. Roberto Brenlla (Tegnix)
11:00 - 12:00 Unha ferramenta de software libre para a formación en ciencias: Epilinux. Miguel Ángel Rodríguez Muíños. Técnico Informático da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
"educaBarrié na aula de ciencia e tecnoloxía. Aplicacións prácticas para Youtube e Audacity". Xacobo de Toro Cacharrón.e Susana Vázquez Martínez. Gabinete de Mestres de educaBarrié
12:15 - 13:15 Software libre no centro educativo dixital (sobre Abalar). Agasol
Interfaces web a software científico. Mario Rodríguez Riotorto (programador de Maxima)
13:15-14:15 Localización de Software Libre ao galego. Enrique Estévez Fernández, tradutor de Mozilla ao galego e Antón Méixome, Lingüista e coordinador de LibreOffice e Apache OpenOffice. Tradutores de Trasno (Trasno)
Sage. Francisco Botana (Uvigo), Promotor do uso de Sage como alternativa a outros softwares matemáticos comerciais.
16:00 - 18:00 Mesa redonda sobre o Software Libre en Galicia. Francisco Botana (Uvigo), Antón Méixome (Trasno), Alberto Couto Losada (Responsable FLOSS da AMTEGA, Xunta de Galicia) (Agasol)
17:00 - 18:00 Maxima, un sistema aberto de cálculo simbólico. Mario Rodríguez Riotorto (do equipo Maxima)
18:15 - 20:15 Obradoiro de tradución ou localización ao galego. Enrique Estévez Fernández e Antón Gómez Méixome (Trasno)
Obradoiro de Maxima, Mario Rodríguez Riotorto (do equipo Maxima)

3 de xullo
10:00 - 12:00 Metodoloxía copyleft e proxecto Abalar. Pablo Nimo Liboreiro e Xosé Luis Barreiro Cebey (Asesores da Consellería de Educación)
10:00 - 11:00 Estatística con R. Salvador Naya Fernández (UDC)
11:00 - 12:00 Aplicacións de R no sector de análise de xenomas para xenómica, proteómica e oncoloxía. Miguel Branco (bioinformático)
12:15 – 13:15 Software Libre aplicado á simulación e modelización nas PEMEs produtoras. Dr. Andrés Gomez Tato
13:15 -14:15 Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas colaborativas e e-learning. María José Rodriguez Malmierca
Ensinar Matemáticas con Scilab Consuelo Castro Vázquez. IES Terra de Trasancos de Narón
16:00 - 17:00 eXeLearning e Moodle na área de Tecnoloxía. Pilar Anta Fernández do IES de Sabón e UDC
17:00 – 18:00 Geogebra na área de Tecnoloxía. Javier Macho Eiras da Escola de Arte Pablo Picasso, e UDC
Drupal 6 ou 7? Indicacións para a migración. Manuel Díaz Regueiro
18:15 - 19:15 Competencia matemática e Geogebra. Inés Ben González. IES Vilar Ponte de Viveiro
19:15 - 20:15 Python e Geogebra 5. Manuel Díaz Regueiro
18:15 – 20:15 Obradoiro de Moodle. Pilar Anta do IES de Sabón e UDC

Cartaz do congreso CC-BY Igaciencia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.