Rails Girls Galicia: Elas tamén programan

Os obradoiros terán lugar en Pontevedra o venres 21 e o sábado 22 © RailGirls Galicia

Pontevedra acolle o venres 21 e o sábado 22 un obradoiro organizado polo Google Developers Group Vigo para para aprender a manexar a tecnoloxías Ruby on Rails e a linguaxe de programación Ruby e que, ao tempo, busca visibilizar a presenza feminina no sector informático e no mundo da programación. O Rail Girls Galicia 2016, patrocinado por Google España, GitHub, Igalia e GitLab, desenvolverase o sábado no Espacio Arroelo (Michelena, 11). As 20 prazas dispoñibles xa están cubertas, pero aínda é posible inscribirse nunha lista de espera na web.

O evento comezará o venres ás 19.30 na Casa da Luz, cunha setup party na que os asistentes poderán instalar o software necesario para as clases do día seguinte. Ademais, haberá charlas inspiradoras nas que se dará a coñecer a historia de programadoras españolas con traballos moi interesantes.

O obxectivo de Rail Girls Galicia é pór a disposición das persoas, o coñecemento e as ferramentas para iniciarse no mundo da programación. Os Ruby on Rails comezaron a organizarse en 2010 en Helsinki e é a primeira vez que chegan a Galicia. Ruby on Rails, normalmente chamado Rails ou RoR, é un framework de aplicacións web libre. Pretente incrementar a velocidade e facer máis sinxelo o desenvolvemento de sitios web, e ofrece un framework de código esquelete (andamiaxe). 

Os obradoiros terán lugar en Pontevedra o venres 21 e o sábado 22 © RailGirls Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.