ACTA debátese este xoves no Parlamento europeo con cinco denuncias na súa contra

Ana Miranda no debate sobre o ACTA na Comisión de Comercio Internacional do Parlamento © BNG

ACTA (Acordo Comercial de Antifalsificación) preséntase como un acordo para protexer a propiedade intelectual (en Internet e no mundo físico) e loitar contra as falsificacións e a pirataría. Porén, dende o inicio da súa tramitación espertou o rexeitamento frontal en amplos sectores da sociedade civil, movementos sociais, entidades de consumidores e sobre todo asociacións de internautas, que consideran que leva aparellada unha redución nos seus dereitos, especialmente no que respecta á cuestións relativa á privacidade.

Baixo a escusa da protección da propiedade intelectual, as operadoras serían as encargadas de aplicar o contido deste acordo en internet tendo a opción de gravar, analizar e controlar os correos electrónicos, as web visitadas ou os contidos descargados. O ACTA incluso abre a opción de bloquear o acceso a internet aos usuarios que descarguen arquivos con dereitos de propiedade intelectual. Bastaría con que os provedores de internet lles facilitasen aos Estados a información da actividade na rede dos seus usuarios. Por este motivo, aínda que o acordo xa foi aprobado por 22 dos 27 países da Unión, ademais de dez Estados de fóra de Europa, entre eles Estados Unidos, Xapón ou Canadá, ACTA espertou críticas no propio Parlamento Europeo, no que catro da súas comisións, as de Liberdades Civís; Industria, Asuntos Legais e Desenvolvemento, xa se manifestaron en contra. 

Este xoves a norma debátese na Comisión de Comercio Internacional, que votará a súa recomendación, que se considera a máis importante de todas as que se van pronunciar antes da votación no Pleno

Este xoves a norma debátese na Comisión de Comercio Internacional, que votará a súa recomendación, que se considera a máis importante de todas as que se van pronunciar antes da votación no Pleno. Coincidindo con esta votación presentáronse na Comisión de Peticións cinco novas queixas, presentadas por Estados, colectivos e cidadáns. Unha delas, a promovida pola ONG internacional Avaaz, reuniu 2'8 millóns de sinaturas (a poboación de Galicia). Esta denuncia contou este martes co apoio da eurodeputada nacionalista Ana Miranda. Miranda salientou que o número de asinantes da denuncia "sen precedentes" na Eurocámara "amosa claramente a alarma xerada polos Estados ao asumir un acordo aprobado con total opacidade e a costas dos cidadáns".

A eurodeputada nacionalista instou a "dar unha resposta política contundente" ante unha denuncia masiva dos cidadáns da Unión Europea. "Temos a obriga de ser a súa voz nesta Cámara", salientou en referencia a organización Avaaz.org, canalizadora da denuncia, cuxa tradución en diferentes idiomas é, precisamente, "voz".

O Bloco de Esquerdas denunciou este martes que a Comisión está a desenvolver manobras para interferir na decisión da Comisión de Comercio Internacional

O Bloco de Esquerdas denunciou este martes que a Comisión está a desenvolver manobras para interferir na decisión da Comisión de Comercio Internacional (INTA). Despois dunha primeira votación favorable por escasa marxe, hai un ano, a tendencia no Parlamento Europeo em relación ao ACTA tense alterado e as mais recentes votación en todas as comisións, incluindo a INTA, foron desfavorables. En paralelo, a Comisión Europea xa lle solicitou ao Tribunal de Xustiza da UE que determine se o texto é acorde coas leis europeas. Está previsto que o Parlamento Europeo se pronuncie definitivmente sobre ACTA en xullo. Se o Parlamento votase en contra, a ACTA non se aplicariá na Unión. 

Debate na Comisión, este martes © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.