A tartaruga Beo volve ao mar tras ano e medio de coidados no Grove

A tartaruga Beo antes da súa volta ao mar Dominio Público Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente vén de devolver ao mar unha tartaruga mariña, Beo, logo dun longo proceso de recuperación nas instalacións do acuario do Grove. Este exemplar, incluído no catálogo galego de especies vulnerables, presentaba amputación da aleta pectoral dereita, diversas lesións cicatrizadas ao longo do seu corpo, desnutrición e deshidratación cando foi recollido, hai ano e medio, polo persoal de Medio Ambiente na praia da que tomou o seu nome: Beo, en Malpica.

A Consellería de Medio Ambiente vén de devolver ao seu hábitat unha tartaruga mariña recollida hai ano e medio en Malpica logo dun longo proceso de recuperación nas instalacións do acuario do Grove

Tras unha primeira fase de recuperación nas instalacións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) en Nigrán, Beo foi trasladada ás piscinas do acuario do Grove, onde podía nadar e fortalecerse. A tartaruga logrou acadar o peso e o tamaño necesarios (1,70 quilogramos e 25 centímetros) e recuperou, pese á falta da aleta dereita, as súas habilidades para a natación e o mergullo compensatorios, polo que está en condicións de volver ao seu hábitat. Deste xeito, embarcou no porto do Grove para reintegrarse no seu medio natural, a 12 millas da costa galega.

Solta de Beo a 12 millas da costa galega Dominio Público Xunta de Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.