0 Gardados para despois

O 'Faneka Gaming' converterá Cangas na capital galega dos eSports

Redacción | @prazapublica

Do 21 ao 23 de xullo Cangas acollerá un grande evento de gaming, con competicións de eSports, mesas de debate, unha sección retro e moitas outras actividades. Faneka Gaming, que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra, nace con vocación de continuidade e co obxectivo de converterse no referente galego do sector, ante a ausencia no noso país de competicións de eSports consolidadas. O Faneka Gaming celebrarase no IES de Rodeira e o custo da entrada é de 13 euros por día (ou 35 euros os tres días).

Faneka Gaming "é o proxecto duns fanekeiros aos que lles gustan os videoxogos e que tiñan ganas de ter en Galicia o seu propio evento Gaming sen ter que saír da praia no verán"

Faneka Gaming "é o proxecto duns fanekeiros aos que lles gustan os videoxogos e que tiñan ganas de ter en Galicia o seu propio evento Gaming sen ter que saír da praia no verán. Con esa idea crearon un evento que mestura os eSports, as demos, obradoiros, cosplays e unha chea de cousas máis para xerar unha identidade propia dentro deste tipo de eventos", explican. A diferenza do que é habitual nas party, os e as participantes non teñen que traer os seus equipo

A Zona de eSports inclúe un escenario dedicado a torneos, con premios en metálico e con competicións de League of Legends, Counter-Strike: Global Offensive, ou Hearthstone, entre outros xogos. Noutra das seccións do evento haberá presentacións de empresas independentes de creación de videoxogos, onde as persoas interesadas por coñecer por dentro esta industria poderán afondar nos seus secretos e características.

Na zona retro renderase "tributo ás plataformas e xogos clásicos", con torneos en consolas, arcades e ordenadores retro, exposicións temáticas e tendas de produtos retro; de feito, RetroGalaicos amosará un conxunto de 200 consolas dende os anos 70 á actualidade.

A Zona VR amosará as últimas novidades no campo da Realidade Virtual e da Realidade Aumentada aplicadas ao ocio electrónico, con postos de HTC Vive, PlayStation VR ou Oculus Rift. Haberá, finalmente, espazos de práctica libre de videoxogos, de xogos de rol e obradoiros de maquillaxe e cosplay.

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.