Para cando o 'Apalabrados' en galego?

Captura de pantalla de 'Apalabrados' © PCActual

O popular xogo para dispositivos móbiles, con máis de dous millóns de usuarios en todo o planeta e dispoñible en doce linguas, entre elas o catalán e o euskera, podería ter en versión en galego en breve, pois o fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega, segundo publicou a revista especializada Código Cero.

Hai dous meses mesmo se creou un grupo en Facebook con esta demanda, xusto despois de que Apalabrados confirmase o nacemento da súa versión en catalán.

O fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega

Apalabrados estase a converter nun fenómeno global, seguindo o ronsel de outros como Angry Birds, unha das aplicacións máis descargadas nos dispositivos móbiles: ipads, tablets e smartphones. É moi semellante ao clásico Scrabble (trátase de formar, sobre un taboleiro, palabras cunhas determinadas letras, e obtendo puntos extra en determinadas casillas) coa novidade de que permite o xogo multixogador online, podendo xogar cun amigo, a través do facebook ou escollendo un opoñente ao chou en calquera lugar do mundo.

Captura de pantalla de 'Apalabrados' © PCActual

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.