Anova respóndelle ao PP que a sentenza do TSXG obriga a indemnizar de novo os beneficiarios do concurso

Parque eólico na comarca do Ortegal CC-BY-SA Oleg Zaytsev

O Partido Popular minimizara este xoves as consecuencias prácticas da sentenza do TSXG que revoga a anulación do concurso eólico. Por exemplo, a Consellaría de Economía e Industria asegurou que a lei aprobada en 2009 xa recollía a posibilidade de outorgar algún tipo de indemnización para as empresas prexudicadas pola suspensión e rexeitou as críticas polo gasto de cartos públicos que suporá a acción do goberno popular. E o deputado Pedro Arias cualificou de "alarmistas" aos partidos da oposición.

Porén, Anova afirma este venres, nun informe xurídico, que os populares "confunden interesadamente" esa indemnización prevista na lei coa indemnización derivada da inexecución por imposibilidade legal dunha sentenza firme, indemnizacións que son "radicalmente distintas, non só na súa natureza senon tamén na súa contía". Segundo a formación política nacionalista, a indemnización á que se refire o PP trátase da compensación dos gastos de participación de todos os participantes no concurso cando, como é o caso, a administración convocante do concurso desiste do procedemento.

Segundo Anova, será o tribunal e non o PP "o que determine dita imposibilidade legal que, no caso de ser estimada, levará aparellado indemnizacións económicas para a entidade recurrente, indemnizacións que van ser distintas e de maior contía".

Porén, dado que a sentenza do TSXG anula a decisión da Xunta de suspender o concurso, "obriga necesariamente á Xunta a executala" e o Goberno galego debe formular diante do TSXG un incidente de inexecución por imposibilidade legal. Nese caso, segundo Anova, será o tribunal e non o PP "o que determine dita imposibilidade legal que, no caso de ser estimada, levará aparellado indemnizacións económicas para a entidade recurrente, indemnizacións que van ser distintas e de maior contía".

Anova esíxelle ao PP que diga publicamente a canto ascenden as indemnizacións previstas lei de 2009, xa que de acordo con esa norma a Conselleria de Industria tiña o prazo máximo dun mes desde a entrada en vigor da Lei para acordar o desestimento do concurso convocado no 2008 e comunicarllo aos operadores, debendo fixar entón a indemnizacións correspondentes.

Parque eólico na comarca do Ortegal CC-BY-SA Oleg Zaytsev

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.