Nace vintecinco.com, unha nova rede social en galego

Logo da nova rede social © Vintecinco.com

Este luns nacerá unha nova rede social. Chámase vintecinco.com e ten unha estética e funcionamento moi semellantes aos de Tuenti ou, sobre todo, Facebook. A novidade é que vintecinco.com é unha rede social estritamente galega e en galego e pensada para mozos e mozas que roldan ou vinte ou os trinta anos. Máis ou menos, tamén a idade dos seus creadores, Javier, Pablo, Nadia e Óscar, que tamén se comprometen a que a aplicación non terá publicidade.

O proxecto contou cunha axuda de 4.000 euros do programa Iniciativa Xove da Xunta e presentarase a partir do luns 3 de setembro, facendo especial fincapé na divulgación da iniciativa nas tres universidades e nas cidades.

Xa se pode entrar na rede social, ben creando un novo perfil, ou directamente aproveitando unha conta xa existente de Facebook.

Captura de pantalla de vintecinco.com © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.