O alcohol é a cuarta droga máis daniña, segundo o British Medical Journal

O alcohol supera a case todas as outras substancias en dano social © @lddpr

Tan só o consumo de heroína, crack ou metanfetamina é máis prexudicial que a inxesta de alcohol, segundo o estudo que este xoves publica o British Medical Journal. A investigación estivo dirixida por sete investigadores de distintas institucións escocesas, coa participación de até 300 expertos que analizaron os efectos, na saúde de cada persoa e no seu entorno social, de 19 substancias. Este estudo engádese ao polémico texto publicado por The Lancet en 2010 que afirmaba que o alcohol era a droga más perigosa

O estudo non diferenciou entre substancias legais e ilegais. Os resultados afirman que no que respecta ao dano causado na saúde, heroína, crack, metanfetamina, alcohol, cocaína e tabaco son as seis substancias máis novivas. Mentres, éxtase, LSD ou o cánabo causarían un prexuízo menor. En cato ao dano social provocado por estas substancias, a clasificación é semellante, pero a orde invértese: heroína, alcohol, crack, metanfetamina, cocaína e tabaco. Este estudo valorou especialmente o alcance social de cada droga, e por exemplo salienta que o pasado ano morreron no Reino Unido 8.644 persoas por causa do alcohol, e só dúas polo cánabo.

Os investigadores, nas súas conclusións, queren chamar a atención sobre a perigosidade das substacias legais e fan unha recomendación ás autoridades para que "incrementen a información dos cidadáns sobre o dano potecial de cada droga, tanto se son legais coma se non o son, e que atopen formas de reducir a demanda de substancias psicoactivas en lugar de penalizar o seu uso".

Dominio Público Praza Pública
O alcohol supera a case todas as outras substancias en dano social © @lddpr

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.