Dinahosting é a primeira empresa en España en fornecer servidores baixo Windows Server 2012

Oficina de Dinahosting en Santiago de Compostela © Dinahosting

A empresa galega Dinahosting convértese na primeira compañia en España en ofrcer servidores baixo Windows Server 2012, apenas unha semana despois do lanzamento deste servizo en todo o mundo. En palabras de Carlos Suárez, director técnico de Dinahosting: "o noso obxectivo é continuarmos a levar a iniciativa en canto a desenvolvemento propio e liderando as solucións 100% nativas baixo plataformas Windows: xa o fixemos no seu momento sendo os primeiros en ofrecer SLQ Server 2012 e volvémolo a facer agora con Windows Server 2012". Dinahosting foi elixida por Microsoft como mellor empresa hoster do pasado ano 2011.

Dinahosting foi elixida por Microsoft como mellor empresa hoster do pasado ano 2011

Dinahosting mantén como o seu principal selo de identidade apostar decididamente por un equipo de desenvolvemento propio e dedicado para plataformas Windows. "Mantemos a nosa idea fundacional de desenvolver solucións propias que nos permitan garantir a quen contratan os nosos servizos os estándares de calidade e exclusividade que demandan", sostén Carlos Suárez.

Trátase da maior empresa independente do sector de rexistro de nomes de dominio e solucións integrais de aloxamento web en España: hosting, VPS, Servidores Dedicados e Cloud Hosting. Manexa un volume de negocio de 8 millóns de Euros e xestiona unha carteira de máis de 70 mil clientes ao final de 2011

Oficina de Dinahosting en Santiago de Compostela © Dinahosting

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.