Elas tamén saben programar

© Rails Girls Madrid

Rails Girls é un curso intensivo de aplicacións web dirixido exclusivamente a mulleres. O obxectivo destes obradoiros, que dende hai uns meses se celebran en todo o mundo, é ensinar os conceptos básicos da programación, unha profesión na que a presenza dos homes é aínda moi maioritaria. A pasada fin de semana celebrouse en Madrid por vez primeira. Simultaneamente estábanse celebrando eventos semellantes en Tallinn, Washington e Hamburgo cos que se realizou unha conexión en directo durante o obradoiro.

Está organizado por grupos de voluntarios e voluntarias e busca achegar a tecnoloxía e o open source a novos públicos dunha manera sinxela e rápida: "do concepto ao código en dous días". De feito repiten a idea de que no futuro "programar será tan común natural e sinxelo como hoxe é ler e escribir".

Rails Girls naceu en Helsinki en novembro de 2010, de forma espontánea, cando se convocou a mulleres de todas as idades para aprenderlles os fundamentos básicos dunha aplicación web. Unha das creadoras do primeiro evento, a finesa Karri Saarinen, afirma que "Internet foi construido por e para os homes. Como muller ás veces sinto que me falta o vocabulario para acceder a ese mundo. Con Rails for Girls, queremos desmitificar o mundo das aplicacións web".

© Rails Girls Madrid
Outro momento do taller © Rails Girls Madrid

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.