O novo Megaupload amosa as súas primeiras imaxes

Megabox Dominio Público Praza Pública

Megabox, o novo proxecto de Kim Dotcom, verá a luz antes de final de ano e quere ser unha ponte directa entre usuarios e artistas que (en principio) recibirían o 90% dos ingresos. Esta semana comezan a difundirse videos promocionais que permiten ver a nova plataforma e os programadores e deseñadores traballando no novo proxecto, que segundo o seu creador está completado ao 90%.

Megabox quere darlle a volta ao negocio das discográficas e permitir os artistas venderlles directamente aos usuarios as súas cancións. Megabox asinará contratos exclusivos con artistas e parece que uns dos primeiros son The Black Keys, dos que soa unha canción no video promocional.

Megabox quere darlle a volta ao negocio das discográficas e permitir os artistas venderlles directamente aos usuarios as súas cancións

A plataforma quere tamén involucrar os usarios o seu crecemento a través de Megakey. Trátase dunha aplicación que instalarían os usuarios para cambiar a publicidade que van atopando pola web por anuncios procedentes de Megabox. Ao consumir esta publicidade, os usuarios poderían acceder a contidos de maneira gratuita.

Pasaron xa nove meses dende que o goberno de Estados Unidos acabou con Megaupload. Megaupload chegou a ter 50 millóns de visitantes cada día. Dotcom e o resto dos detidos aínda agardan o seu xuízo. Para evitar que Megabox teña o mesmo final que o seu predecesor Dotcom está construíndo unha "rede global masiva" na que "todos os hosters non estadounidenses poderán conectar os seus servidores e banda ancha".

 

Megabox Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.