O Compostweet 2012 reune este sábado máis de douscentos expertos e empresas 2.0

Imaxe do público asistente á edición 2011 de Compostweets © Compostweets

O II Encontro anual de social media en Galicia ten como obxectivo abordar estratexias en liña -nas que a web ten unha relevancia central- de interese para as empresas; ademais de valorar o poder das redes sociais como mercado emerxente.

Será unha xornada intensa, que se poderá seguir por distintas vías, comezando polo propio twitter e o hashtag #compostweets. De nove e media da mañá a seis da tarde, unha ducia de relatores, expertos en tendencias dixitais, en redes sociais, empresas 2.0, amosarán distintas visións e proxectos ligados á comunicación na rede. Destaca a intervención de José Luis Orihuela, responsable do blog eCuaderno, que abrirá o encontro, e que será continuada pola de Carlos Toural, que falará de Redes sociales: vender e venderse en internet. e que presentará a empresa buydeal.es e a Raquel Lemos de Publiwoman

Máis adiante tamén coñeceremos o sexo visto dende un blog a través de Nela Bernal e a súa Fervenza do Sur, o mundo da restauración na Internet con Restalo.es e Elmarisconoescaro.com, e a publicidade na rede cos responsables de BAP&Conde, responsables da campaña Vivamos como Galegos.

Pola tarde, Camilo Ameijeiras (Primate) e Luz Castro (Imaxin Software) debaterán durante media hora, nun espazo quedenominaron Dúo cómico. E a seguir David Serantes e Javier Pedreira Wicho falarán sobre a experiencia do segundo, responsable de Microsiervos, que foi seleccionado pola NASA entre cinco mil persoas de todo o mundo para tuitear a derradeira viaxe do transbordador Atlantis.

Esta segunda edición de Compostweets rematará cun espazo speakfree no que se presentarán proxectos como Meubook.com, Exquisitec.es, Vigiliam.com, Mundoplanet.com e Silosenovendo.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.