Redes sociais: A saída da crise para as pemes?

Captura da web da adega Dominio Público Praza Pública

Adega María do Pilar, unha pequena adega de colleiteiro da D.O. Ribeiro fundada en 1959, xa contaba cunha páxina web con escasa actividade. Pero hai uns meses decidíronse lanzarse de verdade á rede coa firme idea de que calquera microempresa pode ter presenza en internet, creando un escaparate para o seu negocio, "simplemente dedicándolle tempo, paciencia e tan só uns pequenos coñecementos de informática".

Deste xeito abriron un blog coa intención de actualizalo con frecuencia con informacións de utilidade sobre a propia adega, o proceso de produción do viño noticias da Denominación de Orixe, curiosidades sobre como realizar unha cata e mesmo receitas. No blog tamén se poden facer compras online. Tamén puxeron en marcha unha conta de twitter para estar en permanente contacto cos seus clientes potenciais e ir fortalecendo a súa imaxe de marca. "Publicidade gratuíta e sen invadir a privacidade de ninguén: esa era a nosa primeira idea cando hai dous meses e medio comezamos a darlle voltas á cuestión de ir máis alá da páxina web adegamariadopilar.com, ampliando a nosa presenza en internet mediante redes sociais e blogs, ferramentas ambas as dúas gratuítas á disposición de calquera", di Roberto Álvarez, administrador dos perfís da adega en internet.

"Lanzarse á rede está na man de calquera microempresa que queira ter presenza en internet, creando un escaparate para o seu negocio co menor custo posible"

"Con todos estes ingredientes estamos a sortear a crise", afírma Roberto Álvarez, que engade de "lanzarse á rede está na man de calquera microempresa que queira ter presenza en internet, creando un escaparate para o seu negocio co menor custo posible, tan só dedicándolle algo de tempo, paciencia e uns pequenos coñecementos de informática". E conclúe: "tal como o noso caso hai milleiros, non acabamos de descubrir a pólvora, simplemente cremos que calquera empresa galega, familiar ou non, cuns produtos de calidade recoñecida como os hai a centos neste país, e xa que outras portas se pechan, pode tentar alimentar estas vacas fracas con todo o que internet pon a súa disposición". 

A Adega María do Pilar forma parte da Irmandade Galega de Adegueiros

Para esta adega, internet é "a solución máis asequible para milleiros de micropemes que están a tirar da economía galega". A Adega María do Pilar forma parte da Irmandade Galega de Adegueiros, que se define polo seu compromiso coa lingua, de xeito que etiqueta todos os seu produtos en galego.

Captura da web da adega Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.