0 Gardados para despois

Sachando procomún: Do monte á rede

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


O procomún é un concepto relativamente novo (e que se explica moi ben neste vídeo de MediaLab Prado) pero en realidade fai referencia a unha idea que vén de vello: que algúns bens pertencen a todos e todas, e que polo tanto deben ser activamente protegidos e xestionados polo ben común. E Galicia posúe unha realidade viva única no mundo -os montes comunais- na que estes mecanismos e estruturas de propiedade funcionan á perfección, ordenando o territorio de forma sustentable e beneficiando as comunidades que nel viven. Un grupo de investigadores e activistas ligados a MediaLab Prado  visitou de feito a comunidade de montes de San Antón de Irixoa este verán. A rede botábase ao monte para aprender dunha practica de xestión comunitaria con séculos de historia.

O Monte é noso_Sachando procomún é un proxecto colaborativo e horizontal que procura facilitar a visibilidade dos montes comunais e das comunidades que as xestionan

É é que as montes veciñais en mancomún teñen como característica que a propiedade é comunitaria, nin depende do estado nin está en mans privadas: depende da colectividade que reside de forma cotiá nun determinado territorio. Galicia conta con aproximadamente 3000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan perto de 700.000 ha de territorio galego, o que representa 29,85% da superficie forestal. A titularidade comunitaria implica na xestión do territorio unha parte considerable da poboación, na volta de 150.000 comuneiros e comuneiras. Porén, son ben sabidas as ameazas que fan perigar a continuidade desta forma de propiedade, acosada pola agroindustria e por intereses políticos das administracións públicas.

Neste proceso de ida e volta os colectivos que fan parte do proxecto queren  aprender dos seus mecanismos de xénese e xestión para aplicalos a otros eidos. Tamén se procura revalorizar estes mecanismos, insertándoos na lóxica do procomún

Neste senso O Monte é noso_Sachando procomún é un proxecto colaborativo e horizontal que procura facilitar a visibilidade dos montes comunais e das comunidades que as xestionan, así como a reapropiación destes montes por parte dos veciños e veciñas por ser estes garantes na sustentabilidade dos territorios. Outros dos obxectivos do grupo O Monte é noso é motivar os comuneiros a que sexan partícipes da multifuncionalidade don montes e da súa revalorización. Neste proceso de ida e volta os colectivos que fan parte do proxecto queren  aprender dos seus mecanismos de xénese e xestión para aplicalos a otros eidos. Tamén se procura revalorizar estes mecanismos, insertándoos na lóxica do procomún.

O proxecto foi premiado no Concurso 10×10 convocado pola Fundación Contemporánea e o Concello de A Coruña sobre Emprendimento Cultural. Nel participan a comunidade de artistas Alg-a, o colectivo de acción social Rural Contemporánea, a Asociación Artesáns de innovación, o colectivo de arquitectos Tecnoloxías Apropiadas ou o colectivo de creación audiovisual Constelaciones. Tamén colaboran o Centro Veciñal e Cultural de Valadares, a Comunidade Veciñal do Monte de San Antón de Irixoa ou o Grupo de Investigación Socio Territorial IDEGA da USC.

Fran Quiroga: “a nosa intención é buscar dende a cultura, dende as artes e dende as tecnoloxías da información a forma de visibilizar este fenómeno, estudalo dende o campo da cultura libre e do software libre e ver se este sistema podería ser replicable a outros ámbitos"

Como explica Fran Quiroga: “a nosa intención é buscar dende a cultura, dende as artes e dende as tecnoloxías da información a forma de visibilizar este fenómeno, estudalo dende o campo da cultura libre e do software libre e ver se este sistema podería ser replicable a outros ámbitos". Engade que "o que nos interesa máis é coñecer os modelos de gobernanza: analizar como nestes lugares se establecen redes de apoio mutuo diferentes ás que se crean nos lugares nos que non hai montes comunais".

 

Encontro en Valadares

"Esta dimensión inmaterial ou intanxible na que estamos afeitas a traballar as persoas e colectivos que propomos esta iniciativa, parécenos especialmente interesante como complemento á normalmente máis habitual ou coñecida dimensión material do monte"

Esta fin de semana os grupos que participan o proxecto celebraron no espazo Alg-a lab en Valadares (Vigo) a primeira Malla O Monte é noso para compartir visións e experiencias sobre o caso concreto dos montes comunitarios e sobre todas as modalidades de propiedade alternativa ao binomio público e privado. Houbo workshops, reunións de subgrupos e unha Open Noite na que se proxectaron documentais como O Monte é noso de Llorenç Soler. Asimesmo desenvolvéronse roteiros de coñecemento nos montes comunais co obxectivo de gravar e documentar os uso que se fan dos montes.

O proxecto busca apoiar as comunidades de montes existentes e poñelas en valor pero tamén procura aprender da súa experiencia para aplicala a outros ámbitos fisicos ou virtuais: "aspiramos a entender novos modelos de gobernanza a partires de estudar, (re)situar e traballar activamente nos montes en mancomún como exemplo de procomún". Os contidos desta proposta entran en relación co que denominan patrimonio inmaterial dos montes. Afirman que "esta dimensión inmaterial ou intanxible na que estamos afeitas a traballar as persoas e colectivos que propomos esta iniciativa, parécenos especialmente interesante como complemento á normalmente máis habitual ou coñecida dimensión material do monte".

O obxectivo é que xa no mes de abril estean dispoñibles as primeiras aplicacións, centradas nun comezo nos montes comunais de Vigo e nos da comunidade de San Antón de Irixoa

Entre as accións concretas que está levando a cabo este grupos atopamos un mapa interactivo dos montes comunais galegos e un dispositivo de coñecemento colectivo nunha web aberta, colaborativa e libre. Dará lugar a unha ferramenta de xeovisibilización de contidos (mapa interactivo) para que, dun xeito moi sinxelo e lúdico, todos (comuneiros ou interesados) poidan utilizala e contribuir na construción participativa do coñecemento colectivo que rodea aos montes, organizando a información nun mapa en diferentes “capas” ou temáticas segundo o interese das propias persoas usuarias que o utilicen. O obxectivo é que xa no mes de abril estean dispoñibles as primeiras aplicacións, centradas nun comezo nos montes comunais de Vigo e nos da comunidade de San Antón de Irixoa.

Tamén se van levar a cabo residencias temporais de investigación, intervención ou acción creativa nos montes

Tamén se van levar a cabo residencias temporais de investigación, intervención ou acción creativa nos montes. Nelas diferentes persoas desenvolverán in situ intervencións nos montes, a través da interacción co seu entorno físico e humano. Nestas residencias, ademais da realización de proxectos específicos para os montes, desenvolveranse outras accións paralelas, como pequenos talleres, accións puntuais, presentacións aos medios, exposicións, eventos, e encontros cos comuneiros e tecido asociativo local. A primeira porase en marcha en Valadares, precisamente, e está previsto facer unha convocatoria aberta de carácter internacional.

Montes, software e procomun

©

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.