De Vigo ao ceo

Preparacion do globo Dominio Público Praza Pública

Un grupo de amigos lanzou esta fin de semana un globo de helio á estratosfera dende Vigo. O artefacto chegou até os 31.000 metros, onde estoupou. Pero antes deixou varios minutos de imaxes impresionantes.

O globo, que subiu a unha velocidade de entre 4 e 5 metros por segundo, levaba incorporada unha cámara e dous GPS que enviaban a informacion da posición a través de mensaxes SMS e de 3G.

A cámara apagouse un pouco antes do estoupido do globo, ao quedar sen baterias. E a sonda foi recuperada horas despois a 160 quilómetros de Vigo, preto da localidade portuguesa de Pinheiro Novo.

Preparacion do globo Dominio Público Praza Pública
Primeiros metros de elevación Dominio Público Praza Pública
A ria dende varios centos de metros de altura Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.