Anima a Celta e Dépor axitando o móbil

Captura de pantalla da aplicación © Código Cero

A Liga achégase ao seu remate. Dépor e Celta pelexan por manter a categoría e necesitan todo o apoio que os seus seareiros lles poidan dar. Sobre todo no estadio, pero se un non pode achegarse para berrar o nome, agora pode facelo na casa ou no bar, pero co móbil na man. Como informa Código Cero, a empresa coruñesa Appeiros crea unha unha app que recolle as veces que se axita o móbil mentres se ve un partido de Primeira ou mide a intensidade dos berros dos afeccionados.

Apporellos é gratuíta e está dispoñible para Android e iPhone, en castelán e inglés. Polo de agora só se poden escoller equipos da Primeira División española pero o obxectivo é ampliar as opcións a vindeira tempada ás ligas italiana alemá e inglesa e tamén a outros deportes. O móbil contabiliza os movementos que se fan co móbil e tamé a intensidade dos berros dos afeccionados. Todas estas medicións súmanse ás dos outros seareiros do clube que teñan a app e conforman unha clasificación alternativa da Liga. Por certo, Levante, Zaragoza e Real Madrid encabezan a clasificación. Pero a app non fixo máis que comezar.

Appeiros puxo en marcha hai unhas semanas Bochoio, unha app para buscar emprego.

Captura de pantalla da aplicación © Código Cero
Captura de pantalla da aplicación © Appeiros

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.