0 Gardados para despois

Denuncian que a USC organiza cursos de "pseudociencias", coma a auriculoterapia

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


Dende o pasado 28 de xaneiro e até novembro do ano 2013, as aulas da USC acollerán a oitava edición do Máster de Acupuntura e Moxibustión, organizado polo Departamento de Fisioloxía da Facultade de Medicina, que por un prezo de 3600 euros ofrécelle aos profesionais médico-sanitarios ·unha formación completa e rigurosa nos aspectos teóricos e prácticos da acupuntura co fin de permitirlles incorporar esta técnica ao seu arsenal terapéutico dun xeito seguro e eficaz".

O máster, que xa foi denunciado por moitos investigadores nos últimos anos, ao centrarse en disciplinas que non son consideradas científicas, inclúe varios cursos de posgrao e formación continua, centrados na acupuntura e no seu uso no tratamento da dor, na teoría da medicina chinesa e na auriculoterapia, unha pseudoterapia que supostamente pretende tratar a dor e determinadas afeccións pinchando en certos puntos da orella, que se identificarían coa parte do corpo se se pretende sanar.

A Universidade de Santiago xa figurou noutras ocasións na chamada Lista da Vergonza -un estudo que procura alertar e denunciar sobre a implicación de organismos públicos e centros de ensino e investigación na promoción das pseudociencias- sobre todo polo seu Máster en Medicina Natural, que incluía formación en xeobiología, bioconstrución e depuración do organismo, xemoterapia, acupuntura, reflexoloxía, kinesioloxía e homeopatía.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.