Un proxecto galego participará no evento de programación en código aberto 'Google Summer of Code'

Dominio Público Praza Pública

Google organiza anualmente un evento, chamado Google Summer of Code, no que a compañía de internet ofrece a e estudantes unha remuneración para poderen participar programando durante o verán en distintos proxectos de código aberto. Previamente, Google selecciona os proxectos de entre todos os candidatos que tivesen formalizado a súa proposta á compañía.

A empresa galega Cidadanía, membro de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), presentou un proxecto denominado e-cidadanía, que consiste nunha aplicación creada para mellorar a participación cidadá, especialmente dende o punto de vista do uso das asociacións, as empresas e as administracións. Por primeira vez dende o ano 2005 no que se comezou a celebrar este evento, Google selecciona un proxecto creado en software libre galego para formar parte do traballo de programación que desenvolverán os estudantes becados pola compañía.

AGASOL salienta que “este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego”

AGASOL salienta que “este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego”, e felicitouse aos autores do proxecto e á empresa cooperativa Cidadanía polo bo traballo desenvolto e a senda de futuro aberta con este recoñecemento.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.