A Xunta gastará case dous millóns de euros en licenzas de software para xestión de bases de datos

Dominio Público Praza Pública

Un dos primeiros contratos da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, que vén de ser creada pola Xunta, segue apostando polo software propietario. O concurso público para o "mantemento, licenzas e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións" adxudicará o subministro por un custe de case dous millóns de euros (1'7 millons máis IVE), que podería aforrar de ter migrado a un sistema de software libre.

A Junta de Extremadura aforra anualmente 37 millóns de euros polo uso de licenzas libres

As asociacións de software libre e sindicatos e grupos de empregados públicos veñen defendendo dende hai anos a implantación do software libre na administración galega, por moitos motivos, entre o que destaca, sobre todo en tempos de crise, austeridade e recortes nos gastos e investimentos públicos, o menor custe destes entándares. Por exemplo, A Junta de Extremadura aforra anualmente 37 millóns de euros polo uso de licenzas libres.

O Goberno de Núñez Feijoo gabouse en varias ocasións da súa aposta polo software libre, poñendo como exemplo o desenvolvemento de Mancomún, o seu Plano de Software Libre de Galicia, ou o Plano Abalar. E tamén salientou que se unificaronse os contratos de software privativo, aforrando un 37% no pago de licenzas. Porén, a Xunta seguiu renovando as licenzas dos programas privativos, e deixou de lado calquera intención de iniciar unha migración a sistemas abertos. 

Luís Alberto Fernández, de Agasol (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), recoñece que "si se están facendo cousas a prol do software libre" pero di que lle gustaría "un plan de acción máis claro e que os avances fosen máis rápidos". Fernández salienta que a medio e longo prazo o uso de programas de licenza libre supón un grande aforro, aínda que a curto prazo, debido aos custes de migración, é algo máis caro. Pero o software libre ten outras vantaxes, comezando por cuestións de seguridade -moito maior cos códigos abertos-, a autonomía dos proveedores tecnolóxicos ou a superación da fenda dixital. "É unha mágoa, e máis en tempos de recortes, porque estes son cartos que escapan de Galicia e que xeran moi pouco beneficio aquí", di.

Para Fernández, as razóns que explican que as administracións non realicen a migración aos programas de código aberto poden ser varias, dende o descoñecemento até as presións das compañías de software privativo

Para Fernández, as razóns que explican que as administracións non realicen a migración aos programas de código aberto poden ser varias, dende o descoñecemento até as presións das compañías de software privativo. Escobar recoñece que estes cambios son complicados; "por exemplo, en Brasil, mudar o navegador para usar Firefox levou ano e medio". Polo tanto, aposta por plans a medio e longo prazo, cunha vontade clara e dando os primeiros pasos, anticipándose á finalización dos prazos das licenzas. 

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.