O grupo Histagra coordina un número da revista 'Workers of the World'

Capa da revista Dominio Público International Journal on Strikes and Social Conflict

O Grupo de Investigación HISTAGRA, pertencente á Facultade de Historia da USC, é o encargado de coordinar o último número da revista Workers of the Worldeditada pola asociación International Journal on Strikes and Social Conflict. O monográfico, editado neste mes de xullo baixo o título Conflitividade no mundo rural contemporáneo: Novas lecturas dun vello problema, incorpora análises de conflitos vividos no campo mexicano, ruso, galego, italiano, catalán, andaluz ou portugués no último século.

Os seus reponsables destacan que se trata de repensar a conflictividade dos que como campesiños, xornaleiros, arrendatarios, agricultores, etc. traballaban a terra, dende novas aproximacións metodolóxicas ou temáticas. Sinalan que o conflito labrego estivo na base da crise da Antigo Réxime e das revolucións liberais; como loita pola terra focalizando grandes mobilizacións nos sistemas liberais ou despóticos, sexa a favor da reforma agraria (México, 1911, Rusia, 1917, España, 1936, Portugal, 1974) ou da independencia (Irlanda o Finlandia), tamén na emerxencia das novas nacións centroeuropeas despois da Iª Guerra Mundial; de igual xeito, despois de 1945 protagoniza a descolonización e a revolución en moitos países de Asia, América e África e mesmo protagoniza a emerxencia da corrente denominada de estudos campesiños nas ciencias sociais.

O monográfico conta con traballos de especialistas en temas relacionados coa conflitividade no mundo rural, tamén en Galicia: David Soto Fernández afonda na importancia das institucións comunais nos conflitos labregos no noso país, e na súa relación co medio (Community, institutions and environment in conflicts over commons in Galicia). Partindo de debates actuais, e desde perspectivas diversas, os distintos autores reflexionan sobre a conflitividade no mundo rural contemporáneo explicando tanto o seu funcionamento como as consecuencias desencadeadas.

Capa da revista Dominio Público International Journal on Strikes and Social Conflict

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.