0 Gardados para despois

O GPUL organiza as súas XIII Xornadas Libres na UDC

Redacción | @prazapublica

Os próximos días 8, 9 e 10 de outubro celébrase unha nova edición, a décimo terceira, das Xornadas Libres do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), que acollerán a Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Apoiados por vellos alumnos da facultade, socios do GPUL, empresas do sector e asociacións comprometidas co mundo libre, as Xornadas transcorrerán durante tres días centrándose na difusión do hardware, software e a cultura libre en xeral.

Impartiranse obradoiros variados, dende introdución a Arduino ou control de versións con Git, até edición en Wikipedia, grazas a colaboración de Wikimedia España, pasando por unha iniciación ao desernvolvemento de aplicacións web con MongoDB e Python entre outros. Charlas sobre Javascript, Groovy On Grails, ferramentas libres para mellorar a calidade do código, ownCloud ou KDE completarán o evento, todo nun ambiente universitario, enfocado a estudantes e profesionáis do sector con actividades dende niveis introdutorios ata avanzados.

A inscrición é totalmente gratuita, tanto para charlas como para obradoiros e xa está aberta (a través da web oficial do evento). O aforo é limitado polo que se dará preferencia as persoas inscritas. En calquera caso, os seus organizadores gravarán e subirán á rede con licenzas libres todas e cada unha das charlas que se celebren ao longo das Xornadas.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.