Maxia ou ciencia?

Apollo Robins, James Randi e Susana Martínez-Conde © Neuromagic 2012

San Simón, a Illa do Pensamento, acolle até o 10 de maio a segunda edición do encontro Neuromagic 2012: Os Enganos da Mente, un cumio mundial de neurocientíficos e magos para analizar os mecanismos de atención da mente a través dos trucos dos ilusionistas. O encontro está coordinado polos impulsores desta líña de investigación, Susana Martínez-Conde e Stephen Macnick, que dende o Laboratorio de Neurociencia Visual e o Laboratorio de Neurofisioloxía do Comportamiento, no Barrow Institute (Phoenix, EEUU) revolucionaron a neurociencia cognitiva, achegando o gran público ao campo da neurociencia. Ciencia e maxia, dous mundo moi distintos en aparencia pero que en realidade van da man, como ben saben os magos dende hai séculos.

Ciencia e maxia, dous mundo moi distintos en aparencia pero que en realidade van da man, como ben saben os magos dende hai séculos

No marco deste proxecto, desenvolvido baixo o termo neuromaxia, colaboraron con algúns dos máis prestixiosos magos e ilusionistas do mundo como David Copperfield, Raymond Teller, Mac King, James Randi ou Apollo Robbins, xunto con neurocientíficos de talla mundial. O obxectivo é avanzar na investigación sobre o funcionamento do cerebro e os seus mecanismos de atención, a través dos trucos dos magos, ao manipular a consciencia xerando ilusións visuais e cognitivas. As aplicacións destes estudos abarcan desde a neurorehabilitación clínica, en casos de trastorno por déficit de atención con hiperactividade, de trauma cerebral, de autismo ou alzheimer, así como nos procesos de aprendizaxe a nivel escolar, establecendo mecanismos para aproveitar ao máximo os recursos atencionais do alumno.

Ademais dos xa mencionados Apollo Robins e James Randi, entre os ilusionistas convocados para a presente edición atópanse Ava Do, experta mentalista que combina esta disciplina coa psicoloxía, así como o escritor James Randi D.J. Grothe e os españois Miguel Anxo Gea e Kiko Pastur, dous dos grandes referentes do panorama nacional, completan o equipo de magos. En canto aos neurocientíficos, ademais de Susana Martínez-Conde e Stephen Macknik, participan Luís Martínez Otero (doutor pola Universidade Rockefeller de Nova York e investigador principal do Instituto de Neurociencias de Alacante), Beatrice de Gelder (profesora do Laboratorio de Neurociencia Cognitiva e Afectiva da Universidade de Tilburg e científico principal no Harvard Medical School), Amir Raz (investigador do Instituto Neurológico de Montreal), Mel Slater, Jed Edison e Flip Phillips.

A transcendencia das sesións que se desenvolven en San Simón quedou demostrada pola experiencia da edición do pasado ano, na que se pecharon dez convenios de colaboración para investigacións conxuntas que xa se están desenvolvendo

A transcendencia das sesións que se desenvolven en San Simón quedou demostrada pola experiencia da edición do pasado ano, na que se pecharon dez convenios de colaboración para investigacións conxuntas que xa se están desenvolvendo. As sesións poderanse seguir a través de Twitter (#Neuromagic2012) e o debate e presentación de conclusións previsto para o xoves 10 retransmitirase por streaming a través da canle San Simón TV, ao que se pode acceder na web da Fundación Illa de San Simón.

 

Apollo Robins, James Randi e Susana Martínez-Conde © Neuromagic 2012

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.