Os dominios '.gal', un 50% máis baratos no mes das Letras

Cartaz da promoción © Asociación Puntogal

Maio é o mes das Letras galegas (e tamén de Internet, que celebra igualmente o seu día o 17 de maio) e a Asociación Puntogal celébrao ofrecendo unha rebaixa do 50% na compra dun dominio. Nos rexistradores sumados a esta acción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 25 euros máis IVE ata o día 31 deste mes. O dominio, que fai agora un ano dende a súa delegación e a apertura da primeira web (www.dominio.gal) está a piques de acadar os dous mil rexistros, entre os que figuran institucións, entidades sen ánimo de  lucro, empresas e particulares.

Para poder utilizar a promoción, os interesados e interesadas deben dirixirse aos seguintes rexistradores: Dinahosting, DonDominio, 101Domain, Entorno Digital, CDMon, Nominalia e 1&1 Internet. As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este periodo farán posible atopar dominios dende 20,95€ (Dinahosting) ata os 24,95€ máis IVE, polo que PuntoGal recomenda "visitar todas as páxinas dos participantes na promoción para atopar a mellor oferta e servizo que se adapte ás súas necesidades". Todas as páxinas activadas deben ter, cando menos, unha parte dos seus contidos na lingua galega. O dominio habilitou unha páxina con toda a información ao respecto.

Cartaz da promoción © Asociación Puntogal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.