Puntogal lanza un 'Documento Galego de Identidade na rede' co gallo do 25 de xullo

O DGI protagoniza a nova campaña entidade © Asociación PuntoGal

O lanzamento dun Documento Galego de Identidade (DGI) na redes protagoniza a nova campaña da Asociación PuntoGal para o 25 de xullo, momento ademais no que o dominio galego celebra o seu segundo aniversario. As persoas que entren na web www.dominio.gal recibirán un DGI que poderán personalizar, descargar e compartir nas redes sociais. Con esta acción, a asociación quere "resaltar e visibilizar o orgullo de ser galego e de dispor dun dominio propio en internet como o .gal".

Ademais, como parte da campaña que a entidade realiza co gallo do Día Nacional de Galicia, os dominios .gal ofreceranse a menos de 20 euros (máis IVE) nos rexistradores acollidos á promoción. A rebaixa no prezo dos dominios estará vixente entre o 25 de xullo e o 7 de agosto nos seguintes rexistradores: 101Domain, Arsys, CdMon, Dinahosting, DonDominio, Host Europe e OVH. Toda a información sobre cada unha destas empresas así como do prezo final para o rexistro dun novo dominio pódese atopar en www.dominio.gal/promocions/25dexullo/.

Con esta acción, a asociación quere "resaltar e visibilizar o orgullo de ser galego e de dispor dun dominio propio en internet como o .gal"

A asociación conclúe tamén nesta data o proceso de renovación das súas páxinas web. En www.asociación.gal pódese atopar dende agora información sobre a asociación que sustenta o dominio dende os seus inicios. Os usuarios e usuarias poderán consultar a historia da entidade, os momentos máis relevantes do proceso, a listaxe de asociados ou os dominios pioneiros. O obxectivo é que a páxina sexa o novo punto de encontro para quen queira coñecer ou apoiar o proxecto. En paralelo renovouse recentemente a páxina www.dominio.gal, espazo dedicado á información sobre o prezo dos dominios, as campañas e os rexistradores autorizados. 

 

O DGI protagoniza a nova campaña entidade © Asociación PuntoGal
Nova web da asociación © Asociación PuntoGal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.