Sputniks da terra dos labregos

Traballo de ensamblaxe do satélite © Universidade de Vigo

O pasado ano a Universidade de Vigo puxo en órbita o XaTcobeo, un pioneiro picosatélite que superou todas as expectativas postas nel, tanto na súa permanencia no espazo (leva 632 días, fronte aos 90 días previstos) coma no seu desempeño en condicións moi duras, sometido a temperaturas e radiacións moito máis elevadas que as dun satélite convencional, unha garantía de que “o sistema funcionará de forma inmellorable en órbitas comerciais, xa que foi validado en condicións moitísimo máis esixentes respecto das que ten operado ningún cubesat ata hoxe", segundo destacaba o profesor Fernando Aguado, responsable do proxecto. Grazas a el a Universidade de Vigo converteuse nun referente en todo o mundo na construción deste tipo de satélites de baixo custe.

O 21 de novembro chegará o momento do Humsat-D, un novo satélite da Universidade de Vigo, que será lanzado dende o cosmódromo ruso de Yasni polo cohete Dnepr. Este lanzamento será, ademais, o punto de partida do desenvolvemento dun proxecto de dimensión mundial, Humsat, posto en marcha en colaboración coa ONU e a Axencia Espacial Europea e orientado ao fomento de capacidades en el sector espacial sobre todo en países emerxentes. O Humsat-D que terá unha vida útil de dous anos, permitirá facer unha proba completa do sistema, recollendo datos e verificando o funcionamento da constelación antes de que os oito satélites que a completan sexan postos en órbita nun futuro.

O proxecto desembocará na creación da que será a primeira spin-off aeroespacial da Universidade de Vigo. En paralelo, están en marcha negociacións con varios países para validar a aplicación comercial do sistema. Fernando Aguado subliña que o obxextivo é “unha vez finalice todo o proceso de aprobación da spin-off, transferir tecnoloxía ao tecido industrial para o que estamos a traballar en acordos con socios internacionais na definición de estratexias para o desenvolvemento de cubesats e satélites de maior tamaño de 50 a 100 quilos para cubrir un espazo estratéxico nos próximos anos”.

Aguado salienta a "democratización da tecnoloxía aeroespacial" que isto supón, e salienta que “antes era impensable que por prezos tan baixos como 10 euros alguén se puidese conectar cun satélite”

“Actualmente estamos nunha fase de negociación moi avanzada en temas de control de augas e de telemedida” explica Fernando Aguado, que destaca que este sistema lle permitirá, por exemplo, a un país “definir redes de seguimento profesional das súas instalacións en temas de polución". Na práctica Humsat pon a disposición de calquera entidade, institución ou mesmo particular a posibilidade de dispoñer da información que precise a partir das medicións efectuadas por estes satélites. Aguado salienta a "democratización da tecnoloxía aeroespacial" que isto supón, e salienta que “antes era impensable que por prezos tan baixos como 10 euros alguén se puidese conectar cun satélite”. Aguado conclúe que “somos líderes en Europa no segmento terreo” e que “estamos no punto de partida dun novo campo no que xa non só as universidades, senón tamén gobernos e empresas privadas van utilizar con fines comerciais e profesionais os satélites”.

 

Un proxecto de anos, un equipo de ducias de persoas

60 doutores profesores, 70 egresados no campo aeroespacial e 15 enxeñeiros conforman o Agrupamento Aeroespacial da Universidade de Vigo

60 doutores profesores, 70 egresados no campo aeroespacial e 15 enxeñeiros conforman o Agrupamento Aeroespacial da Universidade de Vigo que foi o encargado de deseñar toda a infraestrutura do proxecto Humsat e será responsable de implementar a infraestrutura de terra para que o resto de universidades que participan no proxecto poidan lanzar os satélites e localizar os sensores. O proxecto, denominado Dieste nun primeiro momento, foi presentado o 5 de xuño de 2008 polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Tivo un custe de 1.2 millóns de euros e foi financiado nun 50% polo Ministerio de Ciencia e Investigación, nun 25% por Retegal e noutro 25% pola Universidade de Vigo e o Instituto Nacional de Técnicas Aeroespaciais. 

Imaxe do Humsat-D coas antenas despregradas © Universidade de Vigo
Á presentación do lanzamento asistiron numerosos alumnos e profesores implicados no proxecto © Universidade de Vigo
Traballo de integración de Humsat-D no satélite nodriza Unisat-5 en Roma © Universidade de Vigo
Traballo de ensamblaxe do satélite © Universidade de Vigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.