Un editor da Wikipedia francesa é ameazado e obrigado a retirar un artigo sobre unha base militar

Base militar Pierre-sur-Haute, en Francia © El Diario

En xuño de 2009 o editor Qvsqvs redactou o artigo en Wikipedia en francés sobre a estación de radio militar Pierre Sur-Haute, unha base militar situada na rexión montañosa central de Francia na rexión de Auvernia. A principios de 2013, a Dirección Central de Intelixencia (DCRI), o servizo de intelixencia do Ministerio do Interior do devandito país, considerou que a súa existencia puña en risco a seguridade nacional. Segundo o explicado no artigo, a instalación é unha base que foi construída como parte da rede de comunicación da OTAN ACE High, impulsada na década dos sesenta e desmantelada a principios do noventa. Actualmente é un complexo con instalacións subterráneas de alta seguridade e ás que se pode acceder só por helicóptero, que realiza transmisións de mando de unidades operacionais, e eventualmente cumpriría funcións de retransmisión de ordes relacionadas ás armas nucleares de Francia.

A principios de 2013, a Dirección Central de Intelixencia (DCRI), o servizo de intelixencia do Ministerio do Interior do devandito país, considerou que a súa existencia puña en risco a seguridade nacional

A DCRI pediulle a comezos de marzo á Fundación Wikimedia (WMF, polas súas siglas en inglés, entidade dona dos proxectos Wikimedia baseada en Estados Unidos que lle dá sustentabilidade e organización aos mesmos) que eliminase o artigo por razóns de seguridade nacional, ao que a fundación se negou ao existir suficiente información pública noutras fontes provista polas propias forzas armadas de Francia, das que se tomou a información para enriquecelo, e pediule á axencia de intelixencia informar mellor sobre a causa do agravio, sen obter resposta. No fondo, a WMF estaba a cumprir a súa función de respaldo á comunidade, e de respecto á autonomía da comunidade de Wikipedia en francés.

Remy Mathis foi obrigado polos axentes da DCRI a usar o seu poder como bibliotecario e eliminar o artigo no momento, baixo pena de quedar nese momento en custodia das autoridades francesas e de ser encarcerado e multado en caso de negarse

A comezos de abril a axencia de intelixencia usou unha estratexia diferente. Buscou o representante do capítulo local Wikimedia Francia e citouno nas súas oficinas. Remy Mathis, presidente da asociación civil local que representa a Wikimedia no país e tamén bibliotecario en Wikipedia en francés, foi obrigado polos axentes da DCRI a usar o seu poder como bibliotecario e eliminar o artigo no momento, baixo pena de quedar nese momento en custodia das autoridades francesas e de ser encarcerado e multado en caso de negarse. Remy, historiador de 30 anos de idade, especializado en arquivos e que traballa na Biblioteca Nacional de Francia, entrou en pánico e sentiuse fortemente ameazado na súa integridade polo método de coerción ocupado pola axencia, a pesar de explicar cal é o funcionamento de Wikipedia, onde unha decisión súa desa natureza debe ter un procedemento de consenso comunitario e en ningún momento debe ser unilateral. Máxime porque Remy non estivo involucrado na redacción do artigo, pero que foi sinalado pola DCRI pola súa visibilidade como presidente do capítulo francés de Wikimedia. Son previsibles as formas de presión empregadas polos axentes. O wikipedista cedeu á coerción e borrou o artigo non sen antes explicar a outros colegas wikipedistas sobre as razóns do feito. As autoridades explicáronlle a Remy que calquera cidadán francés que restituíse o artigo podería ser sometido a duras penas como cinco anos de cárcere e a unha multa de até 100 mil euros. O artigo foi restituído por un wikipedista con domicilio en Suíza, fóra da xurisdición de Francia.

As autoridades explicáronlle a Remy que calquera cidadán francés que restituíse o artigo podería ser sometido a duras penas como cinco anos de cárcere e a unha multa de até 100 mil euros

Rapidamente o caso tomou notoriedade polo método que a intelixencia francesa ocupou en contra dun cidadán. Wikimedia Francia publicou un comunicado no que narrou os feitos e posicionouse apelando a que a seguridade nacional se protexe con outro tipo de medidas. Tras a mobilización comunitaria, a noticia chegou a medios recoñecidos de internet como Boing Boing ou ZDnet, e mesmo a Le Figaro e The Guardian. A Fundación Wikimedia, pola súa banda, mostrouse indignada ante o que chamou un ataque á liberdade de expresión e un asalto aos valores das comunidades que fan posible o proxecto.

A Fundación Wikimedia, pola súa banda, mostrouse indignada ante o que chamou un ataque á liberdade de expresión e un asalto aos valores das comunidades que fan posible o proxecto

Para a DCRI a notoriedade que tomou o caso foi un particular exemplo de efecto Streisand, aquel fenómeno de cando alguén desexa por un interese particular ocultar unha determinada información e o resultado é completamente o inverso. O artigo foi rapidamente restituído, ampliado en francés e traducido a outros quince idiomas coa documentación sobre a polémica, crecendo as visitas nun 45.000%. De ser visto nun día por unha decena de persoas, pasou a ser visitado por miles de todo o mundo.

 

“Editar Wikipedia converterase nun comportamento perigoso en Francia?”

Parte do tempo dos bibliotecarios marcha en resolver estes reclamos de centos de persoas que se senten agraviadas polo cumprimento das políticas

Día a día centos de voluntarios fan posible a Wikipedia. A razón esencial do seu crecemento é o valor da liberdade: ao escribila, compartila e custeala, millóns de persoas danlle vida e fan crecer diariamente o seu acervo, que suma millóns de artigos baixo o principio de compendiar nun só lugar todo o coñecemento humano.

É común que no cumprimento das súas regras sexan moitas as posturas cara ao proxecto. Hai quen reclaman iradamente o porqué do borrado do seu currículo profesional, ou do artigo sobre a súa banda favorita ou mesmo o seu sitio de traballo. Os argumentos de defensa son variados. Parte do tempo dos bibliotecarios (os administradores de Wikipedia, elixidos por consenso comunitario) marcha en resolver estes reclamos de centos de persoas que se senten agraviadas polo cumprimento das políticas. Ás veces estes reclamos chegan ao momento de converterse en ameazas serias aos editores, e mesmo existe unha proposta de política interna sobre que facer se reciben ameazas legais polo seu labor no proxecto. Non foron poucos este tipo de casos, dos que non estivo exenta nin a Fundación Wikimedia. Pero o caso da DCRI e Wikipedia senta un precedente grave nun país caracterizado por defender a liberdade de expresión. O capítulo francés cuestionouno abertamente, “editar Wikipedia converterase nun comportamento perigoso en Francia?”.

Será necesario que quen teñen ao seu cargo temas sensibles nos proxectos Wikimedia teñan que conservar o anonimato e recibir mecanismos especiais de protección ao enfrontar polémicas parecidas?

Canda á indignación sobre o feito, xurdiu entre os wikipedistas a dúbida sobre o risco que implica que o seu espírito de apertura os comprometa a nivel persoal. En moitos dos casos, quen traballamos en Wikimedia estamos sometidos a unha ampla visibilidade que pode comprometer a nosa integridade polo labor que realizamos.  Será necesario que quen teñen ao seu cargo temas sensibles nos proxectos Wikimedia teñan que conservar o anonimato e recibir mecanismos especiais de protección ao enfrontar polémicas parecidas? No caso específico de Remy, algunhas autoridades xudiciais da liberdade, a igualdade e a fraternidade mostráronlle a súa faceta máis adusta, sendo que a súa traxectoria como promotor da cultura libre é o maior acto de congruencia con eses tres valores esenciais.

Base militar Pierre-sur-Haute, en Francia © El Diario

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.