Homicidios eruditos

Un fragmento de 'Yo, Asesino' © Norma Editorial

Baixo a premisa de “Matar non é un crime, matar é unha arte”, a fragmentación expresiva de Eu, asasino (Norma Editorial), materialízase nas tres primeiras viñetas que engloba e penetra o puro desenvolvemento das imaxes sucesivas. A crónica dramática de Antonio Altarriba e os esbozos goyescos de Keko elevan o abxecto como depuración artística. O fío secreto da razón narrativa do rápido e brutal cómic, revaloriza a violencia natural do ser humano contra a violencia institucionalizada. A brusquidade asasina controlada nun carreiro de acontecementos no que as diferentes rutas converxen e parten. Ecos tamén do conflito vasco, rifas e envexas universitarias.

A crónica dramática de Antonio Altarriba e os esbozos goyescos de Keko elevan o abxecto como depuración artística

Xorde a estética do nihilismo degolando cun certeiro corte de bisturí a un anónimo transeúnte mentres se dirixe ao Círculo de Belas Artes de Madrid. O catedrático na Universidade do País Vasco e director da revista Trémula -sobre a dor na pintura occidental- Enrique Rodríguez Ramírez, clausurará o XII Congreso Internacional de Arte do Renacemento e do Barroco. A representación do corpo doente.

O profesor quere “observar as reaccións que provoca a miña obra… o impromptu”. Ao termo da conferencia o organizador Eduardo Marín sinálalle como o novo gurú e futuro ruptor da “ditadura de Carlos”, que acompañado pola moza Carmen van cear. Varias son as regras de Enrique para as súas execucións: nin repetir nin matar a un coñecido, buscando a orixinalidade en cada intervención.

Con mestría dispersa a centralización xeográfica dos seus magnicidios, aproveitando os desprazamentos a actos académicos. Extrae a arte do horror planificando os seus perfomances con pulcritude, aínda que se sincera que non mata moito: “un, dous crimes ao ano”, con este de Madrid suman xa 34. Mentres limpa o bisturí na habitación do hotel, chama á porta Carmen, que lle regala unha rápida felación.

Varias son as regras de Enrique para as súas execucións: nin repetir nin matar a un coñecido, buscando a orixinalidade en cada intervención

A pasaxe descontinua da súa chegada a casa, é xélido. A súa muller Cristina traballa nunhas ilustracións de Brancaneves que lle parecen duras a Enrique. Ela quéixase da chegada da menopausa e a falta de fillos. Na cama de matrimonio ela le “Psicanálise dos contos de fadas” e Enrique Habeas Corpus, co que lembra o acto espontáneo e imaxinativo do seu primeiro asasinato.

A estética da decadencia estaba plasmada na obra do mediocre pintor Gustavo Flores, engatusándoo co pretexto de realizar o seu tesina, dególao e cólgao polos pés. A fantasía ilustrada debuxa co fluído sangue sobre un branco lenzo do que chamaría Sangría Painting. Negro día no consello de departamento da Facultade de Letras, ao discutir sobre o apoio da liberación dos presos políticos vascos. Xa no seu despacho e co pé da súa alumna Edurne retozando os collóns do catedrático, convídalle ir ao seu piso a aplacar o furor sexual de ambos. De camiño indícalle que a tese irá encamiñada sobre o Body Art, a mutilación creativa. A visión dunha mazá vermella sobre o libro “As bágoas de Eros” convértese no coito interruptus do profesor e a alumna.

Ao día seguinte Enrique  diríxese á Universidade cando o Campus estremece cunha forte detonación. Unha bomba mata a Fernando Buesa, o que fixo esbozar mentalmente “a morte por desmembramento”. Nas súas viaxes a París para colaborar na Exposición sobre o Víctor Hugo máis escuro, o escenógrafo Fabrice Fugain será o seu próximo mártir. Ao seu regreso a casa atópase cunha carta da súa muller reiterando a súa marcha xa que “non aguanto a túa frialdade e a distancia que se instalou entre nós”.

A reflexión das fábulas mortuorias lembra que hai anos nuns balnearios de Budapest convidado pola Universidade Eötvös Loránd “relanzábame o desafío do asasinato a curta distancia”, chamouno Blood, Sweat & Tears porque houbo “moitas secrecións, pero ningunha sexual”. Unha chamada de Rubén dille que cedo teñen que reunirse urxentemente, quedan no Museo. As rifas departamentais tocan ao soldo e a desindexación da revista e deixar de financiar ao Grupo de Investigación sobre Arte e Crueldade é o tema a tratar, sospeitando os seus compañeiros que hai un complot en Madrid do Comité Ético e Social informando negativamente as liñas de investigación: “din que Carlos Alarcón está...” Nunha reunión non se poñen de acordo nin en política vasca nin a do departamento.

Le Enrique a carta do Ministerio de Cultura anulando a subvención á revista Trémula e tamén a do Bufete de Avogados Eguiagaray e Asociados sobre a separación con Cristina. Aluga un coche e vaise a París. En casa de Fabrice realiza un asasinato en exclusiva -non en serie- no baño narcisista do escenógrafo. A exposición cadavérica das pezas seccionadas son enviadas en paquetes a Matabosch -director do Teatro Real de Madrid-, Ópera de Sidney e as directoras do Teatro do Festival en Bayreuth. Poñendo o epígrafe: Quebracabezas-Murder.

Coa introspección de que “o asasinato artístico goza dunha confortable impunidade”, o profesor exhausto dorme placidamente na súa casa. Co branco amencer e tras a nevada os inspectores Sánchez Remiro e Quesada da Policía Nacional requírenlle para ir a comisaría e que aclare algúns asuntos. No interrogatorio ensínanlle un traballo seu: “Desmembramento e anulación da identidade nos desastres da guerra de Goya” e unha fotografía coincidente cun dos gravados nos que aparece o corpo de Carlos Alarcón desmembrado no Monte do Pardo. Retéñeno 24 horas no calabozo.

O inspector Sánchez Remiro déixao en liberdade, Edurne Elorriaga acudiuse na comisaría por iniciativa propia para prestar declaración afirmando unha falsa coartada. Vaise á súa casa e se muda a ela a petición da alumna. Comunícase por Skype con Eduardo Marín que lle confirma as sospeitas na Universidade de se é o autor material dos feitos. Empeza as clases e desde o departamento notifícanlle cambios académicos por diminución de méritos. A ANECA nomea a Eduardo Marín como substituto de Alarcón, falando con el dille que non aproba que estea a vivir cunha alumna e que non conta co seu apoio mentres siga esa situación.

Ela tamén pensa que matou a Alarcón, cae a noite e na cama lembra que a mediados dos noventa matou á que sería a súa única vítima muller. Foi en Valladolid, Consolo Gil García, bedel do Museo Nacional de Escultura, tras ocultar o corpo chamoulle á perfomance Non Body. Marcha a Salamanca a un tribunal de tese, ao chegar atópase con Abel e Omar dous amigos que fan performances, sae encabuxado. Ao día seguinte e paseando descobre a presentación de “A madrastra e as mazás” o libro da súa exmuller. Ao chegar ao piso atopa unha nota de Edurne indicando que deixa a tese e marcha para participar nas performances cos seus compañeiros.

Regresa a casa e ao día seguinte diríxese ao XIII Congreso Internacional de Arte do Renacemento e do Barroco, onde clausura o acto Eduardo Marín. Ao terminar o seminario vai a cear a un Restaurante cos demais académicos onde recoñece grazas á arte os fundamentos absurdos da existencia, deixando perplexos aos comensais. Na solitaria e fragmentada marcha polos claroscuros calexóns Enrique continúa coa idea de non deixar de matar. Emerxen viñetas de vermello sangue, diluíndose con elas as fantasías e desexos reprimidos que el impón ao rito de “sempre por amor á arte”.

Capa do libro © Norma Editorial
Un dos cadros do cómic © Norma Editorial
© Norma Editorial
© Norma Editorial
Un fragmento de 'Yo, Asesino' © Norma Editorial
© Norma Editorial

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.