Resurrection Fest 2016: Iron Maiden e moito máis

Iron Maiden encabezan a programación do evento © Resurrection Fest

O Resurrection Fest, un dos eventos máis grandes de metal, hardcore e hardpunk de Europa, conseguiu traer para a súa undécima edición a xoia da coroa británica do heavy, Iron Maiden. As datas para este ano son os días 7, 8 e 9 de xullo. Previamente ás datas oficiais, organizarase o mércores día seis de xullo a festa de presentación do festival deste ano.

Os Iron Maiden confirmaron en decembro de 2015 a súa participación no Resurrection. Será o día 9 de xullo e na web do festival, resurrectionfest.es, anuncian xa o esgotamento das entradas para ese día. A banda británica aterrará en Viveiro dentro da xira que presenta o seu novo traballo The Book of Souls, que foi lanzado en setembro do ano pasado e que é o décimosexto album do grupo liderado por Steve Harris e con Bruce Dickinson como vocalista.

O Resurrection Fest foi galardoado o pasado tres de marzo como o mellor cartel de España no ano 2015

O Resurrection Fest foi galardoado o pasado tres de marzo como o mellor cartel de España no ano 2015. Este premio foille outorgado á organización no Iberian Festival Awards que se celebrou en Lisboa.

Ademais dos británicos Maiden, confírmase a participación das bandas Bad Religion, que foran cabeza de cartel no ano 2013. Outros californianos que tocarán en Viveiro serán os Offspring xunto cos franceses Gojira, quen foran aclamados como un dos mellores directos no ano 2014 e que tamén presentarán en exclusiva para o festival o seu novo disco.

Xunto a estas actuacións ofrécese unha listaxe de bandas para satisfacer os gustos das  diferentes afeccións do metal e o hard. Desta maneira aparecen bandas como a española Hamlet, tamén cun novo traballo La Ira, H2O, referentes do hardcore máis clásico ou Nashgul, banda grindcore da Coruña.

As espectativas de asistencia para este ano pretenden superar as do ano pasado, cando o número de persoas asistentes estivo arredor das 55 mil

As espectativas de asistencia para este ano pretenden superar as do ano pasado, cando o número de persoas asistentes estivo arredor das cincuenta e cinco mil. Co anuncio da participación dos Iron Maiden, máis os Bad Religion e Offspring, as cifras de público para este ano superen amplamente as do ano anterior, co que poderiamos contar cun tope de case sesenta mil persoas.

 

Cartel do Resurrection 2016 © Resurrection Festo
Iron Maiden encabezan a programación do evento © Resurrection Fest

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.