0 Gardados para despois

MicroQontos para ler entre tweet e tweet

Redacción | @prazapublica

Daniel Landesa creou hai un tempo un certame de microrrelatos no seu blogue. A iniciativa tivo éxito e nela participaron moitos internautas, e entre eles algúns escritores e escritoras recoñecidas, coma Mario Regueira, Rubén Ruibal ou Fran Castiñeira. O resultado do certame foi un pequeno blog que facía un compendio de todos eles e que, a día de hoxe, segue en liña para quen o visiteOfrecémosvos un breve libro que compendia todos aqueles contos, exemplos dunha cultura cativa e orgullosa de selo, porque "como cultura cativa facemos moito e ben".

"Así naceu este certame na rede. Como forma de demostrar a aqueles que din que esta nosa pequena cultura só sobrevive a golpe de talonario administrativo que están errados, moi errados"

Iso é o que explica o propio Landesa no limiar do libro, que engade que "non termos unha British Academy permítenos certa liberdade de acción, innovación e orixinalidade. E, sobre todo, permítenos, como culturiña que somos, achegar moitas cousiñas fermosas, cativeces que supoñan pequenos proxectos. Porque todo suma. Así naceu este certame na rede. Como forma de demostrar a aqueles que din que esta nosa pequena cultura só sobrevive a golpe de talonario administrativo que están errados, moi errados".

O cerne do asunto consistía en convocar un certame sen gañador, sen premio en metálico, "sen xantares nin festas". O resultado foi este conxunto de pequenas belezas a modo de microrelato que foron caendo pola rede en pingas salferidas ao longo dos últimos meses do ano 2009 e dos primeiros do 2010 como unha auga fresca e libre desa chamada “creación subvencionada”.

Entre os autores participantes, todos con breves relatos de media ducia de parágrafos como moito, ademais dos xa referidos Mario Regueira, Rubén Ruibal ou Fran Castiñeira, están Laura Saez, Yolanda Fernández, Ana Isabel Conde, María Alonso Seisdedos, Francisco López Salmerón, Hjerbert Bönn, César Candelas, Iria Castro, Daniel Lavesedo, Teresa Barberena ou Andrea García Vila.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.