Antrospinos en Rianxo e Nordestazo en Malpica, citas festivaleiras da fin de semana

Cartel do festival Antrospinos Dominio Público Praza Pública

A piques de cumprir unha década, o Festival Antrospinos chega esta fin de semana en Taragoña (Rianxo) a unha nova edición de música, festa, praia e natureza. Este venres abrirán a festa Os Desviaos no Bar Confort, ás 22.30 horas, seguidos de Noite Fechada e Bigote Mix no Curral do Marqués.

O sábado ao mediodía haberá xantar popular con DJ Enxebre, seguido da tradicional matraquillada, o paseo en chimpín pola contorna acompañado de música en directo. Pola noite, a partir das 23.00 horas, será o momento de Collón de Lola, Familia Caamagno, Superoito e Caña d'Herbas Sound System. O festival conta con zona de acampada con duchas e o atractivo da proximidade das praias de Rianxo.

Ademais deste festival, esta fin de semana o sábado Malpica acolle o Nordestazo, con sesión vermú desde o mediodía e as actuacións nocturnas de Heredeiros da Crus e Os Diplomáticos de Monte Alto, ademais de Marky Ramone.

Cartel do festival Antrospinos Dominio Público Praza Pública
Cartel do Nordestazo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.