Supermán, Capitán Marvel e unha breve refutación de Méndez Ferrín

Superman e o Capitán Marvel arrebolando coches nas súas respectivas primeiras aparicións Dominio Público Praza Pública

Eduardo Maroño resolve en Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza, a dúbida de cal dos dous superheroes con capa foi o primeiro, ao fío dunhas declaracións do actual presidente da RAG nunha entrevista.

Sotelo Blanco publicaba en 1989 un extenso libro de conversas con Xosé Luís Méndez Ferrín a cargo de Xoán Manuel Casado e Xosé Manuel Salgado. Nel, o actual presidente da RAG lembraba a súa infancia no Ourense de mediados dos anos 40 e unhas primeiras lecturas nas que non faltaban os tebeos.

Referíndose á súa afección infantil polo cinema, Méndez Ferrín menciona tamén as películas do Capitán Marvel: “E desa época data a escenificación en cine do cómic do Capitán Marvel, o antepasado e anterior a Superman. Superman é un plaxio do Capitán Marvel

Referíndose á súa afección infantil polo cinema, Méndez Ferrín menciona tamén as películas do Capitán Marvel: “E desa época data a escenificación en cine do cómic do Capitán Marvel, o antepasado e anterior a Superman. Superman é un plaxio do Capitán Marvel. O Capitán Marvel, que entón se dicía Marabillas, distínguese de Superman en que non quita a roupa, senón que di “Shazam!” e voa, pero leva capa e leva todo”. O certo é que a relación entre Superman e o Capitán Marvel non é a que sinala o autor de Arraianos senón máis ben a contraria, tal e como se ten divulgado recorrentemente nos últimos anos. Sabemos que Méndez Ferrín non pretendía ser estrito coa súa afirmación senón deixar constancia dunha percepción persoal, malia o cal, por despexar calquera dúbida, expoñeremos brevemente cal foi a realidade dos feitos tal e como hoxe os coñecemos.

Como é sabido, a primeira aparición de Superman ten lugar en 1938, no número 1 da serie Action Comics

Como é sabido, a primeira aparición de Superman ten lugar en 1938, no número 1 da serie Action Comics. Naqueles anos a industria do tebeo norteamericano estaba a experimentar un crecemento espectacular, con cifras de vendas que en cabeceiras determinadas podía superar o millón de exemplares, sendo habitual que as compañías emerxentes, tentando ventar as preferencias dos lectores, copiaran sen complexos os éxitos dos seus competidores. A vertixinosa popularidade acadada polo superhome que imaxinaran Jerry Siegel e Joe Shuster animou á editorial Fawcett a crear un personaxe semellante, o Capitán Marvel, que Bill Parker e C.C. Beck presentarían no número 2 de Whiz Comics en 1940. Algo deberon de facer ben cando a popularidade da copia chegaría a superar a do orixinal, dando lugar a unha serie de cabeceiras derivadas, seriais radiofónicos e televisivos (con toda probabilidade estes últimos son as “películas” que menciona Méndez Ferrín), e cunhas vendas que á altura de 1944 chegaban aos (pásmense) 14 millóns de exemplares.

...

Le o resto da entrada en Qadriños

Superman e o Capitán Marvel arrebolando coches nas súas respectivas primeiras aparicións Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.