A convención anual da 'Modern Language Association' dedícalle tres sesións ao galego

Web do encontro © MLA

A Convención Anual da Modern Language Association (MLA), o evento máis importantes de linguas e culturas do mundo, comezou este xoves en Philadelphia, e desenvolverase ata o domingo. O encontro dedícalle tres sesións íntegras a contidos relacionados co idioma galego e, ademais, unha cuarta sesión terá tamén presenza temática galega. En 2015 a entidade creou unha sección permanente dedicada especificamente ás nosas letras, que se fixo efectiva na convención celebrada en xaneiro de 201 en Austin.

En 2015 a entidade creou unha sección permanente dedicada especificamente ás nosas letras, que se fixo efectiva na convención celebrada en xaneiro de 201 en Austin

Este venres reflexionarase sobre Que é o galego nos estudos galegos? (What is "Galician" in Galician Studies?), nun panel coordinado por Danny Barreto (Colgate University) e no que intervirán Alejandro Alonso (Brooklyn College, City University of New York); Antón Figueroa (Universidade de Santiago de Compostela); Gabriel Rei-Doval (University of Wisconsin, Milwaukee) e Eugenia R. Romero (Ohio State University, Columbus). Destácase que os estudos galegos ampliaron nos últimos anos o seu radio de acción, traballando en campos multidisciplinares en diálogo con múltiples áreas lingüísticas e xeográficas e puntos de vista teóricos.

Xa o sábado será a quenda da reflexión sobre as experiencias transnacionais nos estudos galegos e na literatura galega contemporánea (Translational Encounters in Galician Studies: Contemporary Literature across Transnational Borders), unha sesión coordinada por Olga Castro (Aston University), con tres relatorios: "Self-Translation as Postnational Border Crossing in Contemporary Galician Poetry", Brandon Rigby, Univ. of Oregon; "Intranational Travels within Multilingual Spain: Made in Galiza in Catalan and Basque Translation", Olga Castro; "Travels of Made in Galiza from Galician to Kurdish: A Tale of Collaborative Translation as Cross-Border Resistance and Solidarity", Emek Ergun, Univ. of North Carolina, Charlotte.

O encontro dedícalle tres sesións íntegras a contidos relacionados co idioma galego e, ademais, unha cuarta sesión terá tamén presenza temática galega

O sábado pola tarde debaterase sobre a estandarización do galego atendendo aos procesos de conservación e de mudanzas en linguas en contacto (The Standardization of Galician: A Response to Language Maintenance and Change in Languages in Contact), unha sesión moderada por Obdulia E. Castro (Regis University), con tres relatorios: "A Comparison between the Galician Dialects and the Standard Variety", de Francisco Dubert-García, Univ. de Santiago de Compostela e Xulio Sousa, Univ. de Santiago de Compostela; "The Standardization of Modern Galician: Between Tradition, Variation, and Identity", de Rosario Alvarez, Univ. de Santiago de Compostela; e "Poetic Identity; or, The Poem as 'A Liberty-Producing Linguistic Machine' in Seven Galician Female Poets: A Poetic Language Approach at the Galician Standardization Process", de María A. Rey-López, Metropolitan State Univ.

 

Web do encontro © MLA

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.