Fervenzas escolle o mellor das letras galegas en 2016

Galería cos gañadores e gañadoras nas vinte categorías Dominio Público Praza Pública

Os lectores e lectoras da revista Fervenzas Literarias escolleron por décima ocasión as mellores obras, autores/as e acontecemento das letras galegas no ano que vén de rematar. Foron desta vez 420 votos, que sinalaron por exemplo A ferida do vento (Antón Riveiro Coello), Os fillos da fame (Ismael Ramos) e Historia das historias de Galicia (Isidro Dubert) como os mellores libros do ano en narrativa, poesía e ensaio.

Así mesmo, a celebración do Culturgal foi elixido como o mellor do ano e o pasamento de Agustín Fernández Paz como o peor. Diego Giráldez foi votado como autor do ano, destacando tamén Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Ledicia Costas), votado como mellor libro de literatura xuvenil e mellor capa de LIX. Igualmente, Praza Pública foi escollida como o mellor medio de comunicación galego por quinto ano consecutivo.

Galería cos gañadores e gañadoras nas vinte categorías Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.