Os artistas ourensáns de LADDO pasan da web á rúa

Pintura na parede, de Iria Paz © Iria Paz

LADDO son 14 creadores que levan meses amosando as súas obras -pintura, escultura, collage, fotografía e arte dixital- en internet, e que este mércores a partir das 20.30 se presentarán publicamente na Cuqueira de Lourdes, na Praza das Mercedes, en Ourense. LADDO naceu polo "gusto polo compromiso e a paixón pola arte de catorce artistas ourensáns" e concíbese "co obxetivo de servir de escaparate para as súas obras", segundo a propia web.

No tempo que leva activa, difundindo as obras destes creadores, a páxina foi unha "oportunidade de aproveitar sinerxias creativas e de servir punto aberto de encontro para artistas de xeracións e de traxectorias dispares".

Agora as obras pasan das pantallas á rúa, e comezarán a expoñerse sucesivamente na Praza das Mercedes, ao longo dos tres vindeiros meses. En xullo poderemos ver a fotografía de Daniel Gallego, a arte dixital de Alexandre e Dafonte, e as pinturas de Moncho Barazeiro, Iria Paz e César Prada. Agosto estará reservado á pintura, con obras de Leandro Sánchez, Anselmo Iglesias, Clara Jensen, Felipe Iglesias, César Prada e Manolo Zapata.  

As novas manifestacións artísticas collerán o relevo en setembro, da man dos fotógrafos Javier Mosquera, Juan Carlos e Daniel Gallego, pero tamén se poderán ver collages de Moncho Barazeiro e arte dixital asinado por Alexandre ouDafonte. En todo este tempo, a escultura será a única disciplina que se amose permanentemente con creacións de Antonio Souto, César Prada e Moncho Barazeiro.

'Genios', de Dafonte © Dafonte
Pintura na parede, de Iria Paz © Iria Paz

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.