0 Gardados para despois

XIII. Ousmane

Carlos MeixideCarlos Meixide | @carlosmeixidefl


-Sim. Vive aqui- respondeu Filipa confusa. -O problema é que há algum tempo que não sabemos onde anda metida.

O home permanecía na porta avergonzado e inquieto, e a mirada escapáballe seguido cara ao interior da vivenda. Quería convencerse por si mesmo de que Paula non estaba dentro...

-Eu também não sei onde se meteu, -murmurou. –Devíamo-nos ter encontrado há dois dias, mas não apareceu. Não responde aos meus telefonemas... Temo que lhe tenha acontecido algo de mau!
-Mas tu quem és?- preguntou Filipa confusa.
-O marido.

Ficamos en silencio, ollando pampos para aquel home que nos observaba angustiado dende o recibidor. Filipa convidouno a entrar ao cabo duns segundos.

Era tan grande que tiña que agachar a cabeza para pasar por debaixo dos marcos das portas. Ao aparecer na terraza, a camareira do Frida arqueou as cellas e mordeu o beizo inferior fascinada pola beleza daquel home.

-Olá!- bisboulle- Eu chamo-me Flora. E tu?
-Ousmane.
-Senegalês?
-Com certeza.
-Adoro o Senegal. Queres um café?
-Sim, por favor.

Ousmane? O nome reverberou na miña cabeza. Estaba seguro de telo oído antes pero non podía precisar cando. Era cedo de máis para as miñas neuronas. Funme servir unha copa de coñac.

-Não sabiam que a Paula era casada?- preguntou avergonzado mentres bebía da cunca-. Não suponham coisas estranhas. Foi um casamento por conveniência. Casámos há dois anos para me ajudar com os papéis, mas desde então cada um faz a sua vida. Conservamos uma amizade bem bonita, isso sim. De vez em quando combinamos e contamos um ao outro essas coisas que nunca nos atrevemos a contar a ninguém! -Falaba atropeladamente mentres daba voltas polo xardín. Camiñar parecía axudarlle a combater a ansiedade. –A Paula é uma pessoa muito especial na minha vida, por isso estou preocupado. Não queria vir aqui para não incomodar mas imaginei que... -atragoouse e, ao momento, rompeu a chorar coma un neno pequeno- imaginei que este era o único lugar onde poderiam saber dela. Já vi que não...

O coitado do rapaz era incapaz de conter o pranto. Flora acudiu ao seu lado para o consolar. Acariñáballe docemente as costas e mais a cabeza. Filipa tamén choraba. Lamentábase pola desaparición da súa compañeira e, ao mesmo tempo, sentíase invadida por unha indignación crecente. Paula traizoara a súa intimidade. Cada día que pasaba descubría algún novo segredo dela que lle facía pensar que durante o último ano estivera namorada dunha descoñecida.

-Não chore, menina, por favor -dixo Ousmane. -A Paula gostava muito de si, estava sempre a falar de si-. Filipa amagou un sorriso de agradecemento.

-E de min non falaba? -preguntei con curiosidade.

Dilatáronselle as pupilas e ficou calado uns segundos...

-Sim...sim...cla...claro. Naturalmente! -tatexou por fin. –Também falava muito de si...

Era evidente que aquel home non sabía mentir.  

Unha nube pasaxeira ocultou o sol por uns minutos. Ficamos en silencio. Sentín un arreguizo por mor do frío e procurei combatelo cunha nova fecha de coñac. Os efluvios do alcohol conseguiran darlle forma aos meus recordos. Logo entendín onde escoitara aquel nome: Ousmane ocupaba o lugar de honra na lista de amantes de Paula cun flamante 8; un notable bastante alto. Maldicín a miña condición caucásica e servinme outra copa. Logo sentín un novo arreguizo na entreperna, pero desta vez non se debía ao frío, nin á soidade; era o meu móbil o que vibraba por mor dunha nova mensaxe.

-É ela-, dixen sorprendido ao ver a foto de Paula na pantalla, e ao momento incorporáronse todos coma un resorte.

Tradución de diálogos ao portugués: Filipa Fava

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.