0 Gardados para despois

Compostela acolle a estrea de 'A Canción do Elefante', de Redrum

Redacción | @prazapublica

O Teatro Principal de Santiago acolle a estrea absoluta de A Canción do Elefante, o novo espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro. A obra representarase dende o mércores 13 ata o sábado 16 ás 20.30 horas.

Trátase dun thriller psicolóxico protagonizado polos actores Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez e dirixido por Alex Sampayo sobre un texto do canadense Nicolás Billon. Na obra, un psiquiatra desaparece da súa consulta; a última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

Praza.gal regálache dúas entradas para a función do sábado 16. Só tes que compartir o noso post sobre esta nova en Facebook

É a oitava produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares Moito Conto, Roedores e A Nena Que Quería Navegar; e as comedias Curriculum Vitae, Amor Flexible e Noiteboa. Alex Sampayo dirixiu series como El Internado ou Padre Casares. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima Schimbare, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Praza.gal regálache dúas entradas para a función do sábado 16. Só tes que compartir o noso post sobre esta nova en Facebook. Entre todas as persoas que o compartan sortearemos unha entrada dobre.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.