0 Gardados para despois

Sete roteiros guiados permitirán afondar na historia e no patrimonio de Galicia

Redacción | @prazapublica

HistoriadeGalicia.gal iniciará esta semana unha serie de sete roteiros guiados que buscan afondar no comecemento da historia e do patrimonio galegos. As Rutas de Historia contan coa colaboración de entidades de defensa do patrimonio como Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Colectivo Capitán Gosende ou a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, ademais de Abanca.

As andainas (inscrición aquí) terán lugar maioritariamente o sábado pola mañá, cunha duración aproximada de 4-5 horas. Son gratuítas e están dirixidas por expertos coñecedores da zona e membros de entidades culturais e patrimoniais. A primeira (guiada por Carlos Solla, investigador e impulsor do colectivo Capitán Gosende) terá lugar este domingo, partindo de Cerdedo para chegar ao Monte Seixo, a Montaña Máxica de Galicia, un lugar que deu lugar a numerosas lendas e que acolle un importante patrimonio material 

A Serra do Barbanza, Ponte Maceira, o sistema defensivo construído en Vilanova da Cerveira (Portugal) e en Goián (Tomiño), a sauna castrexa do Castelón da Fonsagrada, O Camiño do Ribón (A Pobra de Trives) ou o Parque do Pasatempo (Betanzos) serán outros dos lugares polos que pasarán os roteiros deseñados.

 

Calendario dos roteiros

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.