0 Gardados para despois

A literatura toma a Praza da Quintana na Semana do Libro de Compostela

Redacción | @prazapublica

Este venres 1 de xuño bota a andar a segunda edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC), unha iniciativa na que colaboran o Concello de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións e roteiros conforman unha programación que chegará ata o 10 de xuño e que terá como espazo principal unha carpa instalada na Praza da Quintana que acollerá tamén as propostas dos axentes do sector, unhas 25 librarías e editoriais. A SELIC é unha celebración ao redor do libro, con actividades que convidan á participación de toda a familia que quere ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais.

Antes do inicio oficial da Semana do Libro, xa este xoves están programadas actividades, entre as que destaca o roteiro Compostela Negra, conducido polo escritor e xornalista Diego Ameixeiras, que ofrece paseo polos misterios desta cidade que lle serviu de escenario en novelas como Asasinato no Consello Nacional (Xerais, 2010) ou Conduce rápido (Xerais, 2014). Ademais, a partir das 20.30 horas o Teatro Principal acollerá unha dobre sesión de proxeccións centradas na poesía. En primeiro lugar, presentarase Versogramas, o proxecto transmedia de Belén Montero, Juan Lesta e Celia Parra. A seguir, terá lugar a proxección do documental Vértice de Versos, unha longametraxe producida, guionizada e dirixida por Carlos Lorenzo que revisa a historia da poesía galega dende a revolución dos anos noventa e afonda no xurdimento de novas formas de expresións poética.

Os roteiros

  • 1 de xuño: Paseo literario Troiano
  • 2 de xuño: Paseo literario Salvador García-Bodaño
  • 7 de xuño: Roteiro Fermín Bouza Brey
  • 8 de xuño: Paseo Scórpio, de Carvalho Calero, en Compostela
  • 9 de xuño: Roteiro Carlos Callón
  • 10 de xuño: Roteiro Rúas de Poesía

Conversas e presentacións

  • 2 de xuño: El faro de los tres mundos. Poemario "Cara de velocidade". Marga Tojo
  • 2 de xuño: Chan da Pólvora. Diálogo entre Daniel Salgado e Ismael Ramos
  • 3 de xuño: Encontro con Dulce Maria Cardoso
  • 3 de xuño: Urco Editora. Reunión coas "Nosoutras" de María Victoria Moreno
  • 5 de xuño: Alvarellos Editora. El gran viaje de estudios de García Lorca
  • 7 de xuño: Palabras Vivas: Voces poéticas En Feminino
  • 8 de xuño: Elías Knorr e Antonio Gamoneda
  • 9 de xuño: Através Editora. Conversa com Brais Arribas e Afonso Becerra

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.