Entre Galicia e Portugal, 'Não Lugar'

Fotograma de 'Não Lugar' © MPAGDP

Preséntase o primeiro trailer do documental Não Lugar, un filme dirixido por Tiago Pereira sobre o canto e percusión tradicional a unha e outra beira do Miño. O filme conta tamén coa participación de Aitana Eanes na producción e dos músicos Davide Salvado e Pedro Calado. A participación institucional é nula e os patrocinios privados mínimos, polo que os seus responsables iniciarán proximamente unha campaña de crowfunding.

O filme acompañará o periplo dun músico portugués (Pedro Calado, dos Gaiteiros de Lisboa) á descuberta do patrimonio musical tradicional de Galicia ao mesmo tempo que un músico galego (Davide Salvado) fará o mesmo en territorio portugués

O documental acompañará o periplo dun músico portugués (Pedro Calado, dos Gaiteiros de Lisboa) á descuberta do patrimonio musical tradicional de Galicia ao mesmo tempo que un músico galego (Davide Salvado) fará o mesmo en territorio portugués. En ambos casos, as recolleitas musicais terán a preocupación de incluir as paisaxes e ambientes sonoros atopados, sempre dando protagonismo aos informantes. A través deste intercambio musical preténdese cuestionar de que forma as fronteiras xeográficas dividen ou non a identidade sonora dos lugares raianos.

Não Lugar trata a tradición desde unha óptica contemporánea e estará construído esencialmente por música sen entrevistas ou voz en off, só a propia experiencia vivida por Davide Salvado e Pedro Calado.

Fotograma de 'Não Lugar' © MPAGDP

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.