Minho Reggae Splash: O festival galego que se fai en Portugal

No festival organízanse actividade de todo tipo, ademais dos concertos © Asociación Cultural Minho Reggae

En 2010 un grupo de amigos pertencentes a distintas bandas da escena galega e con experiencia na produción de eventos musicais propuxéronse crear un festival de reggae transfronteirizo, aberto a bandas e público de Galicia e Norte de Portugal. A idea inicial era facelo nalgún dos concellos do sur de Galicia, pero en xeral a resposta dos gobernos municipais e institucións culturais aos que lles solicitaron a súa colaboración foi negativa. En cambio, si atoparon apoio ao sur do Miño, en Vilanova da Cerveira, que se gaba de ser coñecida como a Vila das Artes.

Nacía así o Festival Minho Reggae Splash, pensado como un evento aberto e con actividades diversas dedicado ás músicas xamaicanas. Dende o inicio combinou a participación de grupos galegos (Bush DoctorZamaramandiSelassie Sound System, Little CobraVinyl Bullet Sound ou Só Matutos) con bandas coñecidas internacionalmente, coma o británico Benjammin, os portugueses One Love Family, os brasileiros Rutera ou os madrileños Emeterians. O obxectivo, ademais, era basearse na autoxestión, sen depender de grandes axudas públicas ou privadas e sustentándose no apoio da Cámara Municipal de Vila Nova, pequenos patrocinios, socios, e eventos que se organizan o resto do ano.

Os seus organizadores manteñen o obxectivo de que o festival se convirta nalgún momento, que se celebraría ao tempo en Vilanova da Cerveira e Goián

Chega agora a terceira edición do festival, que se celebrará o 14 e 15 de setembro, con concertos, actividades de circo, deportivas, danza e percusión, con acampada libre para os asistentes nun emprazamento de gran beleza natural como é a praia da Lenta, ás marxes do río Miño. Os seus organizadores manteñen o obxectivo de que o festival se convirta nalgún momento, que se celebraría ao tempo en Vilanova da Cerveira e Goián.

O cartaz deste ano presenta os experimentados Earl Sixteen, os brasileiros Habitantes de Zion, os portugueses Urbanvibsz e de novo o britanico Bejammin e os madrileños Emeterians. A representación galega nesta ocasión esta garantida coas actuacións sos vigueses Transilvanians, os coruñeses One e os ferroláns Natural Green.

Os ferroláns Natural Green © Asociación Cultural Minho Reggae

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.