O Festival de Cine de Ourense terá 128 filmes a concurso

Clausura do Festival de Cine de Ourense © OUFF

Despois dun ano moi difícil para o Festival de Cinema de Ourense, no que durante meses estivo no aire a súa celebración (en maio chegou a suspenderse o concurso), a súa organización vai avanzando. A pesar do axustado dos prazos, un total de 128 filmes presentáronse a concurso para poder participar na sección oficial do festival, unica sección nesta ocasión (fronte ás cinco do pasado ano). O festival celebrarase entre o 2 e o 11 de novembro.

A representación do audiovisual galego se reduce a catro pezas

Hai traballos de 41 países, sobre todo procedentes de Europa, e entre eles a representación do audiovisual galego se reduce a catro pezas. España é a principal orixe dos traballos recibidos, con 25 propostas, seguido de México (13), Alemaña (6) e un grupo de países americanos (Arxentina, Brasil, Canadá e Estados Unidos), con 4.

 

Clausura do Festival de Cine de Ourense © OUFF

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.