Comeza o xuízo contra o autor da obra que amosaba a Franco dentro dunha neveira de Coca-Cola

Always Franco © Eugenio Merino

O pasado mes de febreiro a Fundación Francisco Franco presentou unha demanda por "atentar contra o dereito ao honor" do ditador contra o autor da obra Always Franco. A instalación de Eugenio Merino foi exposta en ARCO e nela amósase o generalísimo dentro dunha neveira de Coca-Cola. 

Merino afirmou daquela que a idea era explicar que Franco está "refrixerado" e permanece no presente e que a súa imaxe está "conxelada" nos cerebros do españois. Porén, semella que non lles fixo graza aos responsables Fundación, que decidiron levar o tema aos xulgados e demandar o autor por 18.000 euros. Merino xa espertara as críticas da embaixada israelí por outra obra exposta en ARCO que amosaba un musulmán no chan que suxeítaba un crego católico e un rabino orando e intercambiando as súas santas escrituras.

Este venres celébrase a vista conta Eugenio Merino, nun xuízo que de seguro terá un significación que irá máis aló do feito puntual. O blog Contraindicaciones publica este xoves o texto íntegro da demanda, que incorpora unha sorpresa. A Fundación Francisco Franco inclúe unha carta que lles remitiu o ex-alcalde de Madrid e na actualidade responsable IFEMA, Jose María Álvarez del Manzano, na que lles dá a razón e cualifica a obra de "indignidade" e ademais recoñece que houbo una xuntanza de IFEMA para valorar a posibilidade de censurar a instalación.

Always Franco © Eugenio Merino
Carta de Álvarez del Manzano CC-BY-NC Contraindicaciones

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.