Crise, EREs... A banda deseñada do real

Alleos © Idoia de Luxán Vázquez

Idoia de Luxán Vázquez lanza unha inixiativa de crowdfunding para financiar a edición e distribución de Alleos, un cómic sobre a situación económica que relata como a historis de varios traballadores que dan un xiro radical á sua vida despois do ERE da súa empresa.

O seu obxectivo é recadar ao redor de catro mil euros nos vindeiros 40 días a través de Verkami para comezar a difusión do cómic. Segundo a autora Alleos é "unha banda deseñada que parte dun análise sobre a grave situación mundial e o estudio de alternativas posibles máis encamiñadas á interacción respetuosa coa natureza" que naceu en 2009, no comezo da crise e antes da eclosión do 15M pero que ten "bastante en común" con este e outros movementos sociais xurdidos contra a "crise".

Como sucede noutras campañas de crowdfunding, ofrécense "recompensas" para as persoas que acheguen cartos ao proxecto: o libro en pdf para os que poñan 5 euros, unha lámina A3 a cor para os que acheguen 9 euros, o libro en formato fisico e asinado para os que poñan 15 euros, o mesmo máis un retrato caracterizado co estilo das personaxes do tebeo se se dan 50 euros e unha páxina de banda deseñada personalizada se se achegan 200 euros.

Alleos © Idoia de Luxán Vázquez

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.