'Bukowski' de Matthias Schultheiss. A idiosincrasia da América profunda.

Unha das páxinas do libro Dominio Público Praza Pública

Alfredo Pardo fálanos desta novela gráfica, un conxunto de relatos sucios e sórdidos nun formato igualmente underground. En Qadrinhos, o blog de banda deseñada de Praza.

No exterior noite o ritmo dos ventos non atopan unha lóxica coa natureza. A visión ordinaria dos fotogramas sobreimpresos en viñetas en branco e negro, contrastan cun silenzo e inmovilidade fragmentada. Na novela de relatos gráficos Bukowski –La Cúpula, 2012- existe un desequilibrio entre as crúas secuencias con rápidas superposicións e a continuidade tumultuosa dos acontecementos.

Matthias Schultheiss mistura en formato underground numerosos dramas análogos virtualmente debuxados. Os seus pinceis realizan un alquímico proceso de augafortes moi similares os de Castro Gil, cunha particularidade matafórica sobre a visión da violencia e complicados xogos ópticos dentro da viñeta. As páxinas drenan constantemente un líquido de progresión temporal. Un engrenaxe de ilusionismo cinematográfico, proxectándose unha estética estructural expandido en todos os seus planos. Viñeta dentro da viñeta.

Matthias Schultheiss mistura en formato underground numerosos dramas análogos virtualmente debuxados. Os seus pinceis realizan un alquímico proceso de augafortes moi similares os de Castro Gil, cunha particularidade matafórica sobre a visión da violencia e complicados xogos ópticos dentro da viñeta

En Los asesinos, a sincronía e identidade das accións recordan a aterradora A sangre fría de Truman Capote. A esperanza frustrada de dous resentidos sociais planeando un roubo a unha casa adiñeirada. Impactante e violento grafismo para un pesadelo reconstruído –tanto os asasinatos coma a violación- cunha narración sincronizada e planos de estética perversión. Da actitude dialogante o final da historieta obtemos o comportamento patolóxico dos dous patáns, Bill despois de degolar a unha muller afirma “Joder, que bien sienta esto” e o seu cómplice William dille xa na rúa que “Ahora me siento muy bien, como si no hubiera pasado nada”. Baixo as farolas da parada de autobús non encontraron sangue nas súas roupas. Lían dous cigarros, os encenden e Bill chuspe o seu “¡Mierda! ¡Hostia! ¡Mierda!”. Algo esqueceron na casa…

No barrio francés de Nueva Orleans os tugurios e as liortas imprégnase cos sumidoiros pestilentes. O empresario Sunderson ofrécelle o recén chegado Hank Un trabajo en Nueva Orleans, onde ten que poñer gasolina os taxis do seu xefe e contar o diñeiro. Na clandestinidade nocturna a negrita Elsie e as súas amigas empezan a frecuentar cos seus corpos e alcohol o despacho de Hank. Nesta panorámica axitadora e sen filtros, introdúcense no perigoso terreo do voyeurismo eróticofestivo. O microcosmos de socialización é roto por un taxista que enfádase por non atopar o seu refresco favorito. Hank espéralle un despido e a Sunderson a morte.

Una puta de 120 kilos contén tintes bibliográficos do Sr. Bukowski. “Era horriblemente gorda y tampoco es que estuviera muy limpia…”. As vicisitudes coa patrona da habitación e as catro patas rotas da cama inmortalizan a identidade das súas vivencias en antros cheos de seres sen alma, perdedores, prostitutas e alcohol. Ambientes marxinais, onde Schultheiss incorpora unha sensibilidade visual de raíces amatorias con repulsivas e sucias viñetas. Como elemento subversivo de condición estética estigmatizada o encuadre dos protagonistas fornicando ata a extenuación.

En Nueva York por 95 centavos, Kid Stardust e Dos borrachines supón a desorientación espacial dos personaxes na supervivencia en traballos merdentos. O visionado sen artificios do insoportable na funcionalidade laboral tanto en N.Y. coma no deserto. A asimilación do estupor na experiencia humana, alterando a capacidade dos traballadores e as súas reaccións. “El patio escolar americano había vuelto a ganarme.”

Viñetas delirantes licuadas de alcohol, forte olor a tabaco, suor e sexo. Moito sexo

O luns pola mañá a Henry Beckett saíulle un salpullido de manchas verdes por todo o seu corpo. Despois de ir a ver o médico colle o rifle con moita munición e empeza a matar indiscriminadamente. A dimensión caleidoscópica dunha realidade imaxinaria ou a verídica vertente dun perturbado que deambula pola xungla urbana. O espectro do patriotismo americán onde os refrescos de Cola e as armas propoñen na mente de Henry unha dimensión de atmósfera enrarecida e psicópata. Impulsos rudimentarios e primitivos de culpabilización da sociedade en xeral. As portas da percepción réndense a climatoloxía da violencia gratuíta.

Mi madre culona é un anaco fragmentado da vida diaria do escritor. Narrado de forma claustrofóbica nun cuarto de unha desmantelada casa. A exposición sen tabús da vida comunitaria de dúas viperinas mulleres cun inconformista contador de historias. De tonalidade lírica cando menciona a súa nai os policías que queren entrar a ver o que pasa. Viñetas delirantes licuadas de alcohol, forte olor a tabaco, suor e sexo. Moito sexo.

Capa da novela Dominio Público Praza Pública
Unha das páxinas do libro Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.